Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Xoves de Comadres en Verín
Xoves de Comadres en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Febreiro 2013 12:01

No marco de Xoves de Comadres, 07 de febreiro, realizaranse as seguintes actividades:


- A partir das 11:15 horas, Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pequenos e pequenas do Punto de Atención á Infancia do Concello de Riós, Kero-Kolo do Concello de Verín, Gardería Pinocho, Colexio María Inmaculada, CEIP Amaro Refojo, CEIP Castrelo do Val, CEIP Medeiros, centros educativos de Chaves (Portugal), CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós,  CEIP Princesa de España, CEIP Vendas da Barreira e CRA Monterrei tomarán as rúas de Verín. Devandito desfile estará amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verín e as charangas Madialeva, CBD, Bandefesta, Támega -que tamén actuarán, xunto coa charanga Fuego, durante a xornada pola localidade-; e partirá do entroncamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá. Tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, o mesmo finalizará nas prazas García Barbón e Maior.

- Das 21.30 ás 24 horas, Ceas de Comadres polos restaurantes de Verín, con animación das charangas anteriores.

- Ás 24 horas, Barrio de San Lázaro-Casa do Escudo, Recepción pola Raíña do Entroido da comitiva de Don Carnal, procedente do camiño real de Monterrei e acompañado pola Banda de Gaitas do Concello de Verín, ata as prazas Maior e García Barbón, polas rúas San Lázaro, Luis Espada e Maior. Animación nestas prazas a cargo de Vidal López, locutor de Cadena 100 e posterior pregón por parte dun dos presentadores, showman e actores galegos máis coñecido: Paco Lodeiro. Verbena ata altas horas da madrugada, amenizada pola orquestra Costa Oeste.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>