Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Servizos Sociais de Verín busca unha familia acolledora para o programa 'Vacacións en Paz'
Servizos Sociais de Verín busca unha familia acolledora para o programa 'Vacacións en Paz' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Febreiro 2013 10:20

O departamento de Servizos Socias do Concello de Verín, en colaboración coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, participa no programa de acollida vacacional 'Vacacións en Paz', que se desenvolve, como todos os anos, durante os meses de xullo e agosto. No mesmo participan familias verinenses, que ao longo destes meses, acollen a  nenos/as do Sahara Occidental. Para o ano 2013 hai una praza vacante para unha familia do municipio de Verín. Os/As interesados en sumarse a esta iniciativa deben contactar, a maior brevidade posible, co departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín (situado na Casa da Xuventude -Avenida de Portugal, nº 11 bus) ou no teléfono 988-414776 -se seleccionará a primeira familia apta que presente a solicitude-.

A organización non gubernamental Solidariedade Galega co Pobo Saharuí ten como obxectivo primordial a cooperación exterior cos Campamentos de Refuxiados saharauís en Tindouf (Alxeria). Para devandita organización son voluntarias todas as familias que levan acollendo nenos/as saharauís nos seus fogares desde o ano 2004 e as novas familias que se van incorporando ao programa 'Vacacións en Paz'.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>