Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Dez cursos formativos na aula CeMIT de Verín
Dez cursos formativos na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Febreiro 2013 11:15

Durante o vindeiro mes de marzo a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará dez novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: procura de información na Internet, o correo electrónico: webmail, ferramentas na nube, a oficina virtual (e Administración), DNI electrónico e certificados dixitais, procesador de textos writer, compras seguras na internet, sacándolle partido a Google, redes sociais, e non tires nada: véndeo ou trócao na Internet. Os mesmos serven de continuación aos outros dez impartidos entre xaneiro e febreiro, que foron de iniciación á informática, procura de información na Internet, procesador de textos,  retoque fotográfico (GIMP) e cámara de fotos dixital.

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou nos correos electrónidos : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Durante o ano 2012, a Aula CeMIT impartiu un total de 58 cursos, tanto de alfabetización dixital (alfabetización dixital básica, ocio e internet, operacións a través de internet ou ofimática, entre outros) como de mellora continua dos usuarios (capacitación especializada), sumando un total dun millar de participantes.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>