Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Acuarelas de Manuel Cobas na Casa do Escudo de Verín
Acuarelas de Manuel Cobas na Casa do Escudo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Febreiro 2013 11:21

O acuarelista vigués Manuel Cobas expón por primeira vez en Verín a súa obra pictórica. A mostra estará  aberta ao público desde o luns día 25 até o día 9 de marzo na Casa do Escudo, e poderase visitar de luns a sábado das 17 ás 20.30 horas.

Manuel Cobas é un pintor de ampla temática, que realiza obras en xéneros tan diverxentes como as  mariñas, as paisaxes, os interiores, os nus ou os bodegóns. A luz, a cor e a sensualidade son os elementos fundamentais nas súas creacións, segundo a crítica especializada. Formado -entre outros- con Ángel Sevillano, realizou desde 1996 máis dun centenar de exposicións individuais. A obra de Manuel Cobas está incluída en coleccións de particulares e de institucións públicas dos Estados Unidos, Canadá, México, Uruguai, Suíza ou Francia, entre outros estados europeos ou americanos; ademais a rede Paradores de Turismo de España acolleu unha itinerancia das súas obras.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>