Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentación do libro 'Historia e memoria do réxime de Franco' en Verín
Presentación do libro 'Historia e memoria do réxime de Franco' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Febreiro 2013 13:55

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o vindeiro mércores 6 de marzo, ás 19.30 horas, a presentación do libro Historia e memoria do réxime de Franco, a cargo de José Agustín González-Ares Fernández, coordinador da publicación.

Esta monografía recolle as conferencias pronunciadas nas VIII Xornadas Sociedade e Dereito, que se celebraron en abril de 2011 no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, organizadas pola Facultade de Dereito e a Asociación Galega de Estudos Xurídicos. Nesas xornadas participaron como poñentes case unha trintena de destacados especialistas en dereito, historia, política e cultura para reflexionar dun xeito interdisciplinar sobre a orixe, a evolución e o final do franquismo.

O libro Historia e memoria do réxime de Franco recolle boa parte das conferencias presentadas, coa pretensión de divulgar as investigacións recentes sobre unha época escura da historia española que, aínda que afastada xa no tempo, segue moi presente na memoria colectiva.  

Roberto L. Valdés, Luis Rodríguez Ennes, Jaime Cabeza, Arturo González e Ana Mª Tobío foron algúns dos relatores que participaron nas xornadas, nas que se afondou en temas como as democracias orgánicas, a Lei de Expropiación Forzosa de 1954, a memoria visual do franquismo ou a situación da muller neste período. Outras reflexións recollidas no monográfico que agora se presenta céntranse en asuntos como a autarquía, os cárceres, a represión franquista en Galicia, o urbanismo, a creación de partidos, a Lei de Prensa e Imprenta, o papel da monarquía, a modernización administrativa e os tribunais de excepción.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>