Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín entrega unha mención especial a Feiraco pola promoción do Entroido
O Concello de Verín entrega unha mención especial a Feiraco pola promoción do Entroido PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Marzo 2013 14:33

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o concelleiro de Festexos, Víctor Manuel Baladrón Lamas, entregaron esta mañá unha mención especial a Feiraco Lácteos SL pola promoción do Entroido de Verín, na súa última campaña publicitaria.

Durante o acto, ao que asistiron o director comercial e a xefa de marketing de Feiraco Lácteos SL, Ramón Mandiá e Mónica Casas respectivamente, o rexedor subliñou a importancia desta acción comunicativa que, de modo desinteresado e sen previo contacto co Concello de Verín, “permitiu promocionar o noso Entroido nos seus produtos, por todas as canles de venta non só de Galicia senón tamén de fóra da comunidade, o que supón un importante orgullo para todos os veciños de Verín”. Unha cuestión que tamén destacou Ramón Mandiá, engadindo que “se tratou dunha experiencia exitosa, que centramos este ano no cigarrón de Verín, da que estamos moi orgullosos e que se repetirá o próximo ano, xa que só en quince días esgotamos todos os envases.

Esta mención especial á Feiraco Lácteos SL, foi anunciada durante a entrega de premios do Domingo de Piñata, e está destinada a recoñecer a labor de promoción e difusión do Entroido de Verín, o maior acontecemento festivo do municipio, declarado de interese turístico nacional no ano 2009.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>