Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas VI Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín'
VI Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín' PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 16 Marzo 2013 17:32

O Pavillón de Deportes de Verín acolleu a sexta edición do Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín', englobado dentro da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico 'Vila de Verín', e no que participaron oito concursantes afeccionados, profesionais da restauración e alumnos/as pertencentes a diferntes escolas de hostalería de Ourense e Chaves (Portugal).

Tras elaborar os pratos, prato principal ou sobremesa, en show cooking -cociña en vivo- e maridalos con viño da D.O. Monterrei durante a presentación; o xurado conformado por Pepe Solla -do restaurante “Casa Solla' de San Salvador de Poio que conta cunha estrela da Guía Michelín-, José Manuel Pérez -xefe de estudos do IES Vilamarín-, Jorge Hervella -enólogo da Denominación de Orixe Monterrei- e Asunción Rodríguez Zarraquiños -premio Cigarrón Doce 2012-,  tomou a seguinte decisión:

- “Gran Cigarrón” (na categoría de prato principal e cun valor de 400 euros, patrocinado por Concello de Verín): “Cabrito lechal cociñado con romero á baixa temperatura, crocante de cogumelos de tempada, bombón de castaña, crema de grelos sobre salsa e demi glacé de castañas”, de Óscar Paz Alonso (IES Vilamarín).
- “Cigarrón Doce” (na de sobremesas, e cuxo valor ascende aos 200 euros, patrocinado por AEHCOM -Asociación Hostaleiros de Verín-): “Pensamento Galego”, de Román Dacosta Fernández (Doña Bica).
- “Denominación Orixe Monterrei” (ao mellor maridaxe, dotado con 300 euros, apadriñado pola D.O. Monterrei): “Mil folhas de bacalhau com molho de pimento Padrón”, de Fábio Lopes e Helena Barreira (Escola Profissional de Chaves).

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones  Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Aopil SL, Esinor, AEVER-CCU Verín (Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín) e AEHCOM.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>