Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Exposición 'Dúas Olladas' na Casa do Escudo de Verín
Exposición 'Dúas Olladas' na Casa do Escudo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Marzo 2013 11:59

Do 22 de marzo ao 15 de abril, a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición 'Dúas Olladas', conformada por unha selección de obras obras de pintura e escultura realizadas polos artistas Xosé Rivada (escultopintor) e Armando Martínez (escultor); así como do pintor Eduardo José Ortún.


Unha mostra que se aparta do mundo da arte elitista e mercantil, mediante a realización dunha obra transparente, sincera e individual, que busca a investigación persoal mantendo un estilo propio.

Xosé Rivada tras vivir a época da posguerra en Verín, marcha no ano 1969 a Madrid onde desenvolve as habilidades artísticas aprendidas de pequeno, centrando a súa atención e interese nos corpos espidos -previamente en Verín fomentará a súa obra máis persoal, de momento figurativa, con acuarelas e óleos nos que demostraba o seu grande interese polo debuxo; así como o tratamento do metal e as súas aleacións-. Con posterioridade diríxese a Bilbao, previo paso por Verín, para ampliar a súa formación artística, seguido de Barcelona, Zaragoza Valencia e Madrid. Anos máis tarde diríxise a México, onde adica parte do seu tempo a aprender o oficio do esmalte e plantexa un proceso inverso ao realizado tradicionalmente con esa técnica. Continúa con viaxes a Verín e por América Latina, e entra nunha fase de creación simbólica e orixinal que supón a apertura dunha vía inexplorada no arte galego: escultopintura. A partir dese momento, o seu traballo comeza a ser recoñecido pola crítica e a exposicións se suceden por Francia, México, Canadá, Brasil, Portugal e España.

Amando Martínez naceu en 1955. Pese a ser un creativo galego está vinculado con Portugal, onde viaxou con 23 anos e acabou residindo en Coímbra durante ano e medio. Alí comezou tamén a traballar a madeira apoiado por uns amigos lusos. Viaxou a Barcelona, París e Reggio Emilia (Italia), onde comprobou como o seu traballo artístico era recoñecido. A última parte da súa traxectoria tamén estivo relacionada con Portugal, a través da realización do 'Monumento á cidade de Santarem' , Monumento a Inés de Castro' en Coímbra, 'Monumento á Agua' en Góix, 'Monumento á Cooperaçâo” en Trancoso; sen esquecer o traballo en países nórdicos como a escultura pública para Jhelman (Noruega). Amando Martínez é membro fundador da Galuart, socio do Círculo de Artes Plásticas de Quebec e socio de honra do Rotary Club International (Sâo Joâo de Madeira. Portugal), ademais de medalla de honra e diplomas, outorgadas polo Círculo de Artes Plásticas de Quebec, pola aportación á difusión das partes plásticas a nivel internacional no ano 2007. A súa obra percorreu exposicións de cidades lusas, italianas e españolas.

Eduardo José Ortún, de orixe rioxana e residente actualmente en Galicia, iníciase no mundo da pintura e na modalidade de acuarela, a finais dos anos 60; cando se encontraba estudando na Universidade de Washington, Seattle (USA). A esta época pertencen unhas 60 obras que se encontran repartidas, en coleccións particulares, por diversos países: España, América Latina e Estados Unidos. De regreso a España, na década dos 80, pinta paisaxes en óleo sobre tea e táboa e nos anos 90 o tema máis frecuente é o bodegón. O centenar de obras desta época encóntranse principalmente en España, Italia e Portugal. A partir do ano 2001 prodúcese un cambio total na súa pintura, cun estilo absolutamente persoal e colorista, como se pode observar na súa obra actual. Os motivos desta etapa son paisaxes froito da imaxinación e é este particular pintura a que define o seu estilo tan persoal e único. Realizou exposicións individuais e colectivas en Vigo, Pontevedra, Edimburgo (Escocia), Porto (Portugal), La Rioja, A Coruña ou Chantenay (Francia).

A mostra poderá visitar de luns a sábado, das 17 a 20.30 horas (horarios especiais para grupos, concertar no  988-411614).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>