Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Doce cursos formativos na aula CeMIT de Verín
Doce cursos formativos na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Marzo 2013 13:01

Durante o vindeiro mes de abril a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará doce novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: iniciación á informática, procura de información na Internet, correo electrónico,  ferramentas na nube, redes sociais, Skype-Comunicación en tempo real, retoque fotográfico (GIMP) e creación de blogs. Os mesmos terán lugar en diferentes quendas e días. Ademais impartiranse outros tres para desempregados/as: busca de emprego en Internet, elabora o teu currículum vitae e uso do DNI electrónico. Os mesmos serven de continuación aos outros dez impartidos entre xaneiro e febreiro, que foron de iniciación á informática, procura de información na Internet, procesador de textos, retoque fotográfico (GIMP) e cámara de fotos dixital.

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou nos correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

No que vai de ano 2013, a Aula CeMIT impartiu un total de 20 cursos, tanto de alfabetización dixital como de mellora continua dos/as usuarios/as.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>