Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego apoian a planificación do acceso á auga en Honduras
Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego apoian a planificación do acceso á auga en Honduras PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Abril 2013 11:50

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancia con 18.200 o proxecto da ONGD Enxeñería sen Fronteiras para planificar o acceso á auga e ao saneamento na comunidade de Monjarás, no municipio hondureño de Marcovia. O obxectivo da intervención é mellorar a calidade de vida das e dos 8.268 habitantes da localidade mediante un emprego sostible dos recursos. Para logralo fortaleceranse as capacidades do persoal técnico da Alcaldía co fin de elaborar un Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico para Monjarás.

Despois de realizar a presentación do proxecto na comunidade, nestes intres a propia poboación beneficiaria está a recoller a información necesaria para a elaboración do plan, que logo se procesará mediante unha aplicación de software libre. Da análise dos datos xurdirán propostas de actuación no ámbito tanto do abastecemento de auga potable coma do saneamento, que finalmente darán lugar a un informe de conclusións no que se basearán as decisións sobre a xestión da auga.

De xeito paralelo, realizaranse os obradoiros para capacitar o persoal técnico no emprego tanto do Sistema de Información Xeográfica como de diferentes ferramentas ofimáticas que lles facilitarán tamén o traballo diario, contribuíndo así ao fortalecemento das institucións locais. Xa se realizaron ademais as primeiras videoconferencias para concretar a asistencia técnica requirida.

A actuación en Monjarás, que finalizaría en xullo tras doce meses de execución, permitirá completar o Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico de Marcovia, municipio situado nun departamento no que máis do 80% de poboación vive en situación de pobreza. A rexión sofre asemade un importante deterioro ecolóxico no manglar pola existencia de numerosas camaroneiras e meloneiras, que verten abundantes residuos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>