Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín aforra un 60% no subministro eléctrico grazas o investimento da Xunta en materia enerxética
Verín aforra un 60% no subministro eléctrico grazas o investimento da Xunta en materia enerxética PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Abril 2013 19:05

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe Verín para amosar a importancia de promover accións de aforro e eficiencia enerxética dos municipios galegos, que supoñen importantes aforros no custo da factura contribuíndo á mellora da súa situación financeira, e apuntar que o goberno autonómico leva  investidos en Verín máis de 260.000 euros a través do programa de axudas para Iluminación Pública Exterior e do Fondo de Compensación Ambiental, o que lle permite acadar “aforros económicos e enerxéticos superiores ao 60% nas zonas beneficiadas”.

Nesta visita, na que estivo acompañado polo rexedor Juan Manuel Jiménez Morán, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e membros da corporación municipal, Conde recordou que está aberta unha nova convocatoria deste programa de axudas promovido polo Inega, que conta con 3,6 millóns de euros –un 50% máis que o ano anterior- para a substitución de luminarias por outras máis eficientes, e que a través desta liña “impulsarase a posta en marcha de medidas de aforro enerxético nun centenar de municipios galegos, que contarán cunha contía máxima da axuda do 70% do investimento”.

Como novidade, este ano incentívanse os proxectos desenvolvidos por agrupacións ou fusións de concellos, que dispoñen dunha valoración un 30% superior, incrementándose tamén nun 15% a contía da axuda con respecto ao que lle correspondería a cada municipio de xeito individual. Estímase que coa execución destes proxectos se pode obter un aforro enerxético de máis de 3.500.000 kWh/ano, o que supón o consumo anual de electricidade de 1.000 familias. Así mesmo, e como sinalou Conde, este aforro enerxético suporá un aforro en custes que pode superar os 7,3 millóns de euros durante a vida útil dos equipos, que oscila entre os 12 e os 15 anos, ademais de evitarse a emisión á atmosfera de 2.275 toneladas por exercicio.  

A convocatoria desta liña, explicou Conde, complementa a outras accións encamiñadas a garantir a seguridade e calidade do subministro eléctrico, entre as que resaltou o investimento en Verín de case 4,5 millóns de euros tanto para a nova subestación como para o desenvolvemento dun Plan de mellora da subministración enerxética. “Favorécese tanto a calidade de vida dos cidadáns, que terán unha mellor calidade do servizo, como a competitividade das diferentes empresas que encontrarán  unha mellora do abastecemento enerxético dentro da vila de Verín”, destacou o conselleiro.

Por outra banda, o titular de Economía e Industria anunciou a posta en marcha da Unidade de Aforro Eléctrico Local que, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), nace como un “servizo pioneiro que prestará un apoio integral de asesoría enerxética en materia de subministración”.
Esta Unidade integra un servizo multidisciplinar para resolver as dúbidas dos municipios, permitindo realizar auditorías enerxéticas on-line e revisar irregularidades na facturación a través de ferramentas informáticas dispoñibles na páxina web do Inega. Ademais, por medio do Laboratorio de Metroloxía desenvolveranse inspeccións co obxectivo de verificar o correcto funcionamento dos contadores naqueles concellos que o soliciten. Así mesmo, a Unidade conta coa participación do Instituto Galego de Consumo, que asesorará á Fegamp na súa mediación coas empresas comercializadoras. Para ilo, refórzase a oficina de atención da Fegamp, que incorporará persoal especializado en realizar ditas mediacións. E nos casos nos que non prospere a mediación, a Dirección Xeral de Industria e o IGC abrirán expedientes sancionadores. O obxectivo, explicou Conde, e prestar o apoio necesario aos concellos para “racionalizar o consumo de enerxía e solucionar os posibles erros na facturación”.

O Concello de Verín efectuou numerosas actuacións de mellora e eficiencia enerxética nos últimos anos, a través da realización de medidas como: implantación de luminarias e lámpadas máis eficientes eléctrica e lumínicamente, retirada e tratamento dos tubos de descarga (lámpadas) contaminantes baseadas en mercurio, redución dos tendidos aéreos para a restauración e conservación e mellora do ambiente e o patrimonio, optimización da cobertura lumínica e o sistema de goberno (prendido) do servizo para un mellor uso e aproveitamento dos espazos exteriores rurais e urbanos como recurso público; actualización de dispositivos eléctricos e mecánicos de acordo ás normativas en vigor en materia de seguranza (para a veciñanza e os servizos de mantemento) e modernización para a diminución das incidencias no servizo, unha vida máis longa da instalación e o abaratamento dos custes de mantemento.

Ademais, a implantación da tecnoloxía Computercraft, permitiulle ao Concello de Verín contar cun sistema de telexestión para o control punto a punto e a centralización do funcionamento das instalacións de alumeado, co obxecto de buscar un compromiso entre a calidade dun servicio público fundamental e o control do gasto enerxético. “Desde o ano 1999 produciuse un aforro de 1.200.000 euros, o que supón que un aforro ao ano de 45,47%, é dicir, uns 82.000 euros na factura anual, ocasionando unha importante redución na partida de subministro eléctrico”, subliñou o rexedor, que tamén destacou a importancia do proxecto de traslado da subestación que suporá “a existencia da suficiente capacidade de distribución de enerxía, non só en Verín senón tamén en toda a comarca, que facilitará a instalación de calquer empresa”.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>