Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Galicia Lipdub” chega a Verín ao ritmo de O Sonoro Maxín
“Galicia Lipdub” chega a Verín ao ritmo de O Sonoro Maxín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Abril 2013 11:19

O sábado 13 de abril, as rúas de Verín acollerán os ensaios e posterior gravación dun vídeo musical para o programa “Galicia Lipdub” da Televisión de Galicia, realizado pola produtora Alén Filmes.

Esta iniciativa, na que tamén colabora o Concello de Verín, consiste na gravación dun vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular, que no caso de Verín será “Quérote máis” de O Sonoro Maxín.

Devandita iniciativa está aberta a todos os colectivos, asociacións e veciños/as da localidade, que serán organizados en grupos nos que se valorará a creatividade, compromiso co proxecto, sentido do humor e as propostas de vestiarios de cada un deles/as, polo que animan á participación con disfraces ou elementos relacionados co colectivo.

O ensaio xeral terá lugar ás 11 horas, na praza García Barbón, e a gravación definitiva será ás 16 horas -todos/as participantes deben estar preparados/as coas súas vestimentas e atrezzo á hora da gravación-.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>