Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O alcalde de Verín e o presidente da Cámara de Comercio asinan o convenio de renovación da Antena Local de Verín
O alcalde de Verín e o presidente da Cámara de Comercio asinan o convenio de renovación da Antena Local de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Abril 2013 13:25

A sala de xuntas do Concello de Verín acolleu, na mañá de hoxe, a sinatura do convenio de renovación da Antena Local de Verín entre o alcalde Juan Manuel Jiménez e o presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, Celso Barbosa Rodríguez, que permitirá as dúas entidades proseguir coa colaboración que manteñen dende hai oito anos para ofertar servizos de proximidade aos empresarios de Verín e a súa zona de influencia.

“A renovación deste convenio permitirá non só renovar a estreita colaboración que manteñen o Concello de Verín e a Cámara de Comercio de Ourense, senón tamén continuar a ofertar aos verinenses a posibilidade de manter en funcionamento a Antena Local de Verín”, subliñou o rexedor, que tamén recordou que este servizo que naceu no ano 2005 co obxecto de promover o acceso igualitario de todas as pequenas e medianas empresas á rede de servizos empresariais que presta a Cámara de Comercio e “que os nosos veciños e veciñas non se tiveran que desprazar ata a Ourense a realizar todas as xestións necesarias para por en funcionamento as súas iniciativas e empresas, e que tamén permitiu aproximarlles cuestións como formación continua, apoio en I+D+I, calidade ou medio ambiente”.

O presidente da Cámara, pola súa banda, agradeceu o compromiso e a cooperación do Concello con este programa, coincidindo co rexedor á hora de subliñar que a Antena Local “nos permitiu achegarnos á realidade, ao día a día dos empresarios de Verín, abrindo unha clara brecha nos obstáculos que impoñen as distancias xeográficas”. Ademais, mostrou a súa satisfacción pola boa acollida que esta iniciativa tivo entre os empresarios e polas positivas opinións recollidas entre os usuarios da Antena Local. Pero sobre todo tamén, subliñou, por tres cuestións:
- Porque a Antena Local de Verín é líder en España polo tipo de servizos prestados, en particular polos relacionados co comercio e a formación, e é das mellor valoradas de España.
- Porque está entre as dez primeiras de España, ocupando o oitavo posto de entre un total de 115 oficinas, polo número de consultas atendidas (máis de 2.000).
- E porque ten ademais o aval do Fondo Social Europeo, que designou ao Programa Antenas como exemplo de Boas Prácticas pola adaptación dos servizos que ofrecen á realidade de cada territorio e onde se busca a involucración activa de axentes de carácter público, privado e as propias empresas.

A Antena Local de Verín forma parte do programa de servizos de proximidade para as pemes (Programa Antenas) e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, así como pola Cámara de Comercio de Ourense e o Concello de Verín.

Dende xaneiro de 2005, data da súa apertura, prestou asesoramento a máis de 200 emprendedores e, dende hai dous anos, axudou a tramitar a constitución de 24 empresas. Tamén axudou a buscar novos mercados no exterior a outras 22 firmas, elaborou quince estudos e informes para coñecer mellor a economía da zona e formou máis dun millar de alumnos. Ademais e entre outros moitos servizos, colaborou na constitución da Asociación de Empresarios de Verín, a Asociación da Ruta do Viño de Monterrei e a Asociación de Empresarios de Hostalaría da bisbarra.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>