Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Abril, mes dos libros’ na Biblioteca de Verín
‘Abril, mes dos libros’ na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Abril 2013 11:56

Durante os próximos días, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa as iniciativas ‘Contos Viaxeiros' e ‘Día Internacional do Libro', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A primeira, ‘Contos Viaxeiros', terá lugar o vindeiro venres 19 de abril, de 18 a 19.30 horas. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas con esta temática (un avión) para que os/as participantes deberán un tubo de papel de cociña, un tubo de papel hixiénico, pintura de témpera líquida (mínimo dúas cores) e pegamento.

Mentres que a segunda,‘Día Internacional do Libro' será o martes 23 de abril, tamén de 18 a 19.30 horas. Neste caso os/as menores participantes realizarán unha manualidade especial, un libro, co obxecto de conmemorar esta data, seguida dunha sesión de contacontos a cargo dunha pedagoga. Na mesma poderán participar un total de 35 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos.

Para participar nas dúas iniciativas, coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín, é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>