Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Esther Vaz, voluntaria da Biblioteca de Verín, é finalista no concurso Inspiraciencia
Esther Vaz, voluntaria da Biblioteca de Verín, é finalista no concurso Inspiraciencia PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Abril 2013 12:03

A moza verinense Esther Vaz Diéguez, voluntaria da Biblioteca Pública Municipal de Verín, é unha das dúas finalistas da modalidade de relato corto, categoría xuvenil en galego, de Inspiraciencia, un concurso de relatos de inspiración científica, organizado pola Unitat de Cultura Científica de la Delegació del Consell Superior d’Investigacions Científiques (CSIC) a Catalunya e Institut de Ciència de Materials de Barcelona (CSIC).

Vaz Diéguez, que xa foi vencedora da terceira edición do Concurso de Narrativa ‘Eurocidade Chaves-Verín 2011’ e Biblioteca Pública Municipal de Verín, presentou o relato “A esperanza non se perde así como así”, e pode alcanzar este premio, que será entregado o vindeiro 30 de abril na biblioteca da Sagrada Familia de Barcelona.

Inspiraciencia trátase dunha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dun modo lúdico e participativo, que se divide nas modalidades de relatos curtos (entre 800 e 1.500 palabras) e microrrelatos (ata 500 palabras), e dúas categorías (público en xeral -a partir de 18 anos- e público xuvenil -menor de 18 anos-), e poden estar escritos en catalán, castelán e galego.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>