Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca Pública Municipal de Verín premiada, por quinto ano consecutivo, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner
A Biblioteca Pública Municipal de Verín premiada, por quinto ano consecutivo, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Abril 2013 11:31

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín resultou premiada, por quinto ano consecutivo, na ‘XV Campaña de Animación á Lectura María Moliner’, co proxecto ‘Eurobiblioteca e voluntariado cultural para o fomento da lectura’, polo que recibirá un lote bibliográfico composto por 180 libros infantís e xuvenís, seleccionados entre as novidades de cada ano.


Este concurso está dirixido aos municipios de menos de 50.000 habitantes para premiar os mellores proxecto ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre nenos e mozos, que constitúen a base dos futuros lectores adultos. A Campaña de Animación á Lectura está organizada polo Ministerio de Cultura coa Federación Española de Municipios e Provincias e, dende 2002, coa colaboración da Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña. Nesta edición resultaron premiados un total de 300 proxectos, que recibirán lotes bibliográficos, ademais os tres mellores proxectos reciben premios en metálico de 12.000 euros financiados pola Fundación Coca-Cola. Nesta ocasión foron tres as bibliotecas galardoadas na provincia de Ourense: Pereiro de Aguiar, Ribadavia e Verín.

No caso de Verín, o proxecto ‘Eurobiblioteca e voluntariado cultural para o fomento da lectura’ recollía todas as actividades realizadas no ano 2012, no que se programaron un total de 43 actividades culturais e lúdicas, para nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, efectuadas por persoal da instalación e voluntarios/ as, con idades que oscilan entre os 10 e 67 anos. Entre as mesmas atópanse contacontos e manualidades, Bibliopiscina, exposicións, presentacións de libros, BiblioRúa, concursos de narrativa e patrimonio, cursos de informática, encontros con escritores, videoconferencias ou visitas guiadas para centros educativos.

Por outra banda, desde a Biblioteca de Verín promovéronse cursos de informática nos que participaron 527 usuarios/as en accións formativas como iniciación á informática, alfabetización dixital, redes sociais, iniciación a internet, correo electrónico e mensaxería instantánea, blogs, procesador de textos, presentación de diapositivas, internet para persoas maiores, tratamento de imaxes o curso de iniciación para o colectivo xitano, entre outras.

A Biblioteca Pública Municipal de Verín conta na actualidade conta con máis 2.181 socios/as dos que 484 se sumaron a este servizo municipal ao longo do 2012 (datos desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro do 2012). Unha cifra a que debe engadirse o número de préstamos totais realizados durante todo o ano 2012, que foron 4.426; mentres que no pasado ano 2011 a cifra foi de 3.933 préstamos (os libros máis prestados foron El jardin olvidado, Dime quien soy, Africanus, El sanador de Caballos, El cirujano del Al-Andalus, El penúltimo sueño, El Legado, Veneno para la corona, El Cuaderno de Maya ou Las cuatro hermanas).

A realización de todas estas iniciativas permitiron a Biblioteca de Verín acadar, por quinto ano consecutivo Campaña de Animación á Lectura María Moliner, así como numerosos recoñecementos nacionais e internacionais de distintas organizacións como a Embaixada de Chile en España, Federación de Fútbol, Fundación Antena 3; ademais de ser nomeada como como Biblioteca Asociada pola UNESCO, asentándose no cumprimento de todos os principios de fomento da lectura, desenvolvemento da cultura, solidariedade-voluntariado e cooperación con distintas entidades, e lograr o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas no ano 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>