Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'As Meninas de Verín' na Casa do Escudo
'As Meninas de Verín' na Casa do Escudo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Abril 2013 13:12

A Casa do Escudo de Verín acolle do 18 de abril ao 18 de maio a exposición As Meninas de Verín, na que se presentan versións cerámicas das mulleres representadas no cadro co que Velázquez inmortalizou a Infanta Margarita e o seu servizo ou “familia” por mediados do século XVII.

As obras que se expoñen foron realizadas por alumnado da aula de Cerámica da Escola de Artes de Oficios, centro dependente do Concello de Verín, por iniciativa de Antía Blanes Hermida, profesora da aula. As recreacións das mulleres pintadas por Diego de Velázquez, realizadas en cerámica policromada, son obra de María Dolores Castro Castro, María González Diéguez, María Dolores Guerra Blanco-Prado, Eva Hervella Rivero, Arsenia Iglesias Baños, María del Carmen Limia Álvarez, María Teresa Prieto Carrajo e Alberto Valle Barros.

Segundo a promotora do evento, Antía Blanes, a elegancia da simplicidade, o barroco máis florido e o deseño máis moderno caracterizan as obras que se mostran. Eva Hervella Rivero, invidente que participa coas súas obras na exposición, demostra que máis có ver é o pulo do querer, a creatividade e o coñecemento dos materiais cos que se opera, o que fai que as obras transcendan os condicionantes técnicos para tentar converterse en Arte.

A mostra será inaugurada mañá xoves ás 19.30 horas, e poderá visitarse de luns a sábado, ambos os dous días incluídos, das 17 ás 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>