Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Entrega dos diplomas dos cursos formativos da aula CeMIT de Verín
Entrega dos diplomas dos cursos formativos da aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Abril 2013 13:14

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entregou esta mañá os diplomas dos 36 cursos formativos impartidos pola aula CeMIT de Verín, durante o primeiro trimestre de 2013, nos que participaron un total 348 persoas de todo o municipio.

A longo deste trimestre a aula Multimedia do Concello de Verín ofertou accións formativas en: iniciación á informática, procura de información na Internet, correo electrónico,  ferramentas na nube, redes sociais, Skype-Comunicación en tempo real, procesador de textos, cámara de fotos dixital, retoque fotográfico (GIMP), creación de blogs, busca de emprego en Internet, elabora o teu currículum vitae ou uso do DNI electrónico, entre outros. Esta aula CeMIT do Concello de Verín vén impartindo distintos cursos de alfabetización informática dende mediados de 2011 para os usuarios e usuarias interesadas en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías”, subliñou o rexedor, e “a mesma converteuse nun importante centro de formación dixital para os verinenses, á cal poden optar de forma gratuíta e sen ningún requisito previo; e que se está a configurar como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar o emprego das tecnoloxías da información e comunicación de cara a fomentar a empregabilidade, competitividade empresarial, inclusión, benestar e o empuxe da Administración”.

Nestes tres primeiros meses do ano realizáronse 71 novas altas nestes cursos, 46 de las correspondentes a mulleres e 25 a homes. Unha importante cifra de altas, xa que desde o 1 de xaneiro do 2011 ata finais do mes de marzo a cifra total foi de 301. A maioría destes novos/as alumnos/as teñen idades que oscilan entre os 41 e 56 anos (cun 54,93%), maiores de 65 (19,72%) e entre 26 e 40 anos (19,72%), o que supón que a media de idade se sitúe en torno aos 51 anos. Con respecto á formación previa o 57,75% de novos/as usuarios/as non ten coñecementos informático, o 23,94% só posúen un nivel básico e o 14,08% nivel de usuario. Mentres que o grado de coñecemento do servizo aséntase fundamentalmente a través do axente TIC da propia aula CeMIT (cun 85,92%), asociacións, Concello de Verín e medios de comunicación.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>