Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A profesora Merchy Rozas, cantacontos do ‘Día Internacional do Libro' na Biblioteca de Verín
A profesora Merchy Rozas, cantacontos do ‘Día Internacional do Libro' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Abril 2013 13:12

O martes 23 de abril, de 18 a 19.30 horas, coincidindo coa conmemoración do 'Día Internacional do Libro', a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de cantacontos realizado pola  profesora e artista Merchy Rozas.

Nesta sesión, realizada pola relación de amizade coa biblioteca de Verín e de modo gratuíto, Merchy Rozas realizará un percorrido interactivo por varios dos libros CD, dos que é coautura, como 'Animais enCantadores' (da editorial Corimbo e conformado por dez cancións adicadas a animais como camaleón, dinosaurio, can, morcego, coello, koala, pingüín, ratiña, porquiño e poliño),  'Cartas que veñen e van' ou 'Todos os animais ao caixón' -os dous publicados pola editorial Primerapersona ou 'En Cabárceno se oye cantar', publicado por Montañas de Papel Ediciones, con cancións que teñen a 10 animais do Parque da Natureza de Cabárceno como protagonista.

Con todo esta iniciativa lúdico-cultural tamén contará tamén coa realización dunha manualidade especial: un libro personalizado por cada participante. A mesma está destinada a un máximo de 35 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, e será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar nesta actividade é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>