Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concentración de Maios Enrique Gómez Pato – Festa dos Maios 2013
Concentración de Maios Enrique Gómez Pato – Festa dos Maios 2013 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Abril 2013 11:33

Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de musgo e plantas silvestres. O carón  ou agochado no  interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para  que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios artísticos, tradicionais e humanos, que se rexerá polas seguintes

BASES:

1ª.- Nesta concentración non competitiva poderán inscribirse no Concello de Verín antes do 24 de abril centros de ensino da comarca de Verín, institucións e asociacións culturais e sociais que estean rexistradas e que mantiveran actividades públicas desde maio do 2011.

2ª.- Os maios participantes colocaranse entre as 11h00  e as 14h00 do día 1 de maio no Parque da Alameda nos lugares que o sorteo determine e permanecerán nesa posición até que a organización conclúa o acto.

3ª.- Os maios que se presenten á concentración poderán ser humanos, artísticos ou enxebres. Agás no caso dos maios humanos, de se presentaren, terán que presentar no exterior na súa totalidade elementos naturais, como xestas, carrabouxos, flores, madeira, pedra, etc.

4ª.- Como axuda para as custas de montaxe, a cada grupo que concorra á concentración e cumpra os requisitos mínimos fixados nestas bases entregaráselle unha cantidade de 150 € e 50 coplas sen cargo no caso de presentaren como maios tradicionais ou artísticos. Os maios humanos, de concorreren, recibirán 20 euros por persoa, até un máximo de 7 compoñentes, e 60 coplas sen cargo (de seren 7, ou 10 por persoa de seren até 5).

Cada grupo que elabore un maio artístico, enxebre ou humano deberá redactar unhas coplas, segundo as directrices seguintes:

A.- Que a copla redactarase seguindo unha orde temática, non terá menos de 16 estrofas de catro versos nin máis das que, nunha tipografía lexíbel, se poidan reproducir nun DIN A4 impreso a unha cara.

B.- Que se entreguen dixitalizados na Casa do Concello antes das 12h00 do venres día 26 de abril.

C.- Que os redactores se responsabilicen da autoría do texto. O Concello non realizará ningunha revisión e aconsella que se coide tanto a estrutura literaria como a corrección idiomática.

D.- Que o texto, do que se editarán 1000 exemplares, nunha edición única e conxunta de todos os participantes na concentración, será vendido  ao prezo de 1 €. A recadación dedicarase ao financiamento dunha ONG, que se escollerá por decisión dos centros, asociacións e institucións participantes.

E.- Que cada colectivo redactor do “Maio Literario” grave o texto cantado e o entregue na Casa do Concello antes do día 1, ou permita que colaboradores coa concentración o graven, para difundilo por megafonía na Festa dos Maios 2012.

5. A interpretación destas Bases, a admisión de inscritos e as decisións sobre calquera extremo non regulamentado son un dereito exclusivo do Concello de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>