Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez
Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Abril 2013 11:51

Para fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.


Bases

1ª. DOS/DAS CONCURSANTES. Poderán participar alumnos e alumnas, matriculados en  Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín.

2ª. DAS CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO. O relato será orixinal, inédito, con temática e o estilo  libre, escrito en galego; a extensión non superará 2 DIN A4 escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, e marxes estándar e a un espazo e medio de interliñado.

3ª. DA SELECCIÓN DOS TRABALLOS, DOS DEREITOS DOS FINALISTAS E DOS PREMIOS
3.1. SISTEMA DE PRESELECCIÓN NOS CENTROS, PARTICIPANTES E PRAZOS.
A fase de preselección é a criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección final un máximo de 3 relatos en cada unha das tres categorías: Os relatos irán asinados cun lema. Nun sobre, que presentará co mesmo lema, introducirase información co nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo.
Os traballos seleccionados en cada centro enviaranse ou entregarase na Casa do Concello de Verín, antes das 14:00 h do día 8 de maio, mércores.
3.2. FASE DE SELECCIÓN FINAL
3.2.1.    DA COMPOSICIÓN DO XURADO CUALIFICADOR.
O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto,  que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario,  con voz e sen voto, que representará á organización.
3.2.2.     DAS DECISIÓNS  DO XURADO. As decisión do Xurado serán inapelábeis.
3.2.3.     DOS PREMIOS
3.2.3.1. DOS DEREITOS DOS FINALISTAS. Todos os traballos finalistas, de participaren os/as autores/as no acto de entrega de premios -ao que serán convocados con tempo e forma pola organización- e se non acadan algún dos premios con dotación económica na fase de selección final, que se farán públicos nese acto, recibirán un lote de libros, pola súa participación e preselección para a final.

3.2.3.2. DOS TRABALLOS SELECCIONADOS PARA PREMIOS EN METÁLICO
En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios con dotación económica: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.
A organización resérvase o dereito de publicar calquera dos traballos que participen na fase de selección final, que pasarán a ser da súa propiedade.

A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, dándolle publicidade entre os centros participantes.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>