Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentación da novela 'Arcadia' na Casa da Cultura de Verín
Presentación da novela 'Arcadia' na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Abril 2013 12:01

Na xornada de mañá, ás 20.15 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá a presentación do libro 'Arcadia' de Alberte Blanco Casal, na que estará acompañado por Juan Guerra López, director do IES Xesús Taboada Chivite.

Esta iniciativa, enmarcada dentro das actividades previstas polo Concello de Verín para o Día do Libro -que tamén inclúe unha sesión de contacontos na Biblioteca de Verín a cargo da profesora Merchy Rozas-, permitirá aos/ás presentes coñecer a primeira novela de Blanco Casal, editada por Editorial Círculo Rojo, que narra a historia de “Roi Pereira, correspondente dun importante xornal francés, chega ao Cairo coa misión de redactar unhas crónicas sobre o desenvolvemento dos traballos nuns xacementos arqueolóxicos de Alexandría e Guiza. Mais o tranquilo acontecer cotiá rómpese ao aparecer asasinada en estrañas circunstancias Carol Ardent, a directora do grupo de Alexandría, e ao descubrirse a desaparición duns importantes códices e tabelas de arxila en posesión da arqueóloga. Ao pouco tempo aparece a noticia da morte, en Nápoles, do cardeal Castigliani en circunstancias parecidas. En ambos os dous asasinatos os cadáveres amosan unhas misteriosas figuras xeométricas e outras manipulacións. A investigación dos crimes, á que se incorpora Roi Pereira e o experto do Vaticano Xacobe de Ulloa, conduce á descuberta dunhas enigmáticas mensaxes que os mergulla nun mundo sórdido e velado no que as tensas relacións internacionais se van entrelazando cuns relevantes achados pertencentes ás antigas civilizacións de Exipto e Mesopotamia. Nesa altura a situación económica sofre un importante deterioro, por causa dos problemas da crise financeira global, que se agrava cun rocambolesco roubo de ouro na Reserva Federal de Nova York. Os tambores de guerra soan en Medio Oriente e a Igrexa Católica enfróntase a un cisma capitaneado polo sector tradicionalista do que Castigliani era un dos seus líderes máis carismáticos. As investigacións levarán aos destemidos protagonistas por medio mundo e, ao final do seu periplo, cheo de excitantes e perigosas aventuras, asistirán a un sorprendente e revelador desenlace”.

Alberte Blanco Casal (Pontevedra, 1951). Enxeñeiro e profesor numerario de Tecnoloxía de Ensino Secundario, foi concelleiro nacionalista en Verín entre os anos 1991 e 2005. Afeccionado á investigación histórica está, na actualidade, inmerso nun traballo sobre o ferrocarril no sur de Ourense; ademais de colaborar en varias revistas con artigos de opinión sobre diversos temas de actualidade.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>