Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Viaxa no tempo e descubre o Barroco' na Biblioteca de Verín
'Viaxa no tempo e descubre o Barroco' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Abril 2013 10:59

A Biblioteca Pública Municipal de Verín promove para o mes de maio a iniciativa 'Viaxa no tempo e descubre o Barroco', un curso de iniciación á arte barroca que será impartido pola investigadora Nuria Álvarez Font.

O mesmo, que terá lugar todos os xoves de maio de 18 a 19.30 horas, está destinado a persoas con inquietudes culturais pero sen ningún coñecemento previo no mundo da arte. 'Viaxa no tempo e descubre o Barroco' terá lugar na aula de informática da propia Biblioteca de Verín e durante este curso amosaranse as nocións claves para entender o Barroco, considerado como a arte da aparencia: esse est percipi (abrangue o século XVII e metade do XVIII), como as súas orixes, definición dun novo concepto, xéneros ou estilos, entre outros.  

Este curso contará coa coordinación da licenciada en Historia da Arte e concelleira María Corona Meixeira Romasanta, e correrá a cargo da barcelonesa Nuria Álvarez Font, que posúe formación académica e experiencia laboral neste eido artístico.

Para participar nesta actividade é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776, xa que o número de prazas é limitado. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>