Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Once cursos formativos na aula CeMIT de Verín
Once cursos formativos na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Abril 2013 10:36

Durante o vindeiro mes de maio a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará once novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: iniciación á informática, procura de información na Internet, correo electrónico, escribindo documentos (procesador de textos), redes sociais, creando as nosas presentacións (Impress) e crear catálogos de produtos en liña (ISSU). Os mesmos serven de continuación aos outros trinta e dous impartidos durante os primeiros catro meses do ano, que foron de iniciación á informática, procura de información na Internet, ferramentas na nube, redes sociais, Skype-Comunicación en tempo real, retoque fotográfico (GIMP), creación de blogs, busca de emprego en Internet, elabora o teu currículum vitae ou e uso do DNI electrónico, entre outros.

Durante o primeiro trimestre do 2013 realizáronse 71 novas altas nestes cursos, 46 de las correspondentes a mulleres e 25 a homes. Unha cifra significativa de altas, xa que desde o 1 de xaneiro do 2011 ata finais do mes de marzo a cifra total foi de 301. A maioría destes novos/as alumnos/as teñen idades que oscilan entre os 41 e 56 anos (cun 54,93%), maiores de 65 (19,72%) e entre 26 e 40 anos (19,72%), o que supón que a media de idade se sitúe en torno aos 51 anos; mentres que con respecto á formación previa o 57,75% de novos/as usuarios/as non ten coñecementos informático, o 23,94% só posúen un nivel básico e o 14,08% nivel de usuario.

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou nos correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>