Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Festa dos Maios' na praza da Alameda
'Festa dos Maios' na praza da Alameda PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Abril 2013 10:18

Como vén sendo tradición nas tres últimas décadas, a praza da Alameda acollerá o vindeiro mércores día 1 a Festa dos Maios. En horario matinal (10.30 e as 14.30 horas), a zona axardinada da Alameda servirá de escenario ás actividades de xogos populares (chave e petanca), música tradicional, exhibición de maios artísticos e venda de coplas.  

Este ano está previsto que se exhiban na Alameda maios feitos con elementos naturais por o CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, Colexio María Inmaculada, Centro Socio-Comunitario de Verín, Asociación Verinense de Amigos da Música – Coral de Verín, a Asociación Cultural Sons do Mestremiro, Asociación Cultural A Carrada e Asociación de Mujeres Gitana Chavorri. O diñeiro que se recade coa venda das coplas que se editan a cargo do Concello de Verín  (imprímense 1000 exemplares que se venderán ao prezo de 1 euro), entregarase este ano á Cruz Vermella, por decisión da maioría dos grupos redactores.

Un ano máis, o posto do “pulpo”, que se instalará nos espazo limítrofe entre as prazas García Barbón e Alameda, ofrecerá pan, viño e auga gratuitamente, ao estar subvencionados estes produtos polo Concello de Verín ou ser ofrecidos sen cargo ao Concello por colaboradores como Aguas de Cabreiroá, empresa que financia tamén a cartelería da festa.

No apartado de xogos populares, está previsto que se celebren o Trofeo de Chave Ricardo Soto e o Trofeo de Petanca Festa dos Maios. A competición de petanca está organizada en colaboración co Centro de Servizos Socio-Comunitarios de Verín.

No que á animación musical se refire, cóntase coas actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín. Antes de actuar en concerto na praza da Alameda, a banda desfilará  polas avenidas de Portugal e Luis Espada, rúa Lisa e prazas Maior e García Barbón.

Na segunda metade do século pasado, as coplas loando á primavera e facendo crítica dos acontecementos locais ou externos tiveron en Verín a Enrique Goméz Pato como protagonista. Desde mediados da década dos cincuenta, “O Pato” -coa colaboración dos seus fillos-, e xa desde a década dos setenta a Asociación Cultural Os Choupos e o Movimiento Junior, foron os continuadores desta expresión de cultura tradicional. No primeiro quinquenio dos oitenta, con José Ramón González Sola “Fanfán” como concelleiro de festexos, o Concello de Verín involúcrase activamente na organización, promove actividades paralelas, dálle á festa un aliciente gastronómico e subvenciona á creación de maios e coplas.  .

Nesa liña, de festa aberta á participación activa de asociacións e centros de ensino (este ano entréganse 150 euros e 50 coplas sen cargo a cada grupo participante), e con lixeiras modificacións anuais, vense celebrando  nos últimos trinta anos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>