Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concerto de Música Solidaria en Verín
Concerto de Música Solidaria en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Maio 2013 13:42

A casa consistorial de Verín acolleu esta mañá a presentación do Concerto de Música Solidaria, a cargo do rexedor Juan Manuel Jiménez Morán, D. Jorge Estévez, párroco de Verín e representante de Cáritas no acto, e José Manuel Salgado, director do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

O Concerto de Música Solidaria a prol de Cáritas Verín terá lugar o sábado 04 de maio, ás 17 horas, na Igrexa Parroquial de Verín. O mesmo organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín, coa colaboración da Fundación Caja Rural de Zamora, ten como obxectivo recadar fondos en favor de Cáritas Verín, a través da adquisición dunha entrada para acceder a este concerto, cun prezo simbólico dun euro -que se pode adquirir na propia Igrexa Parroquia desde as 16 horas, e tamén foron vendidas polos/as alumnos/as do conservatorio-, e a colocación dunha urna no interior do recinto para efectuar doazóns. “Trátase dunha proposta que se lle presenta á sociedade verinense coa finalidade de que gozando dun concerto poidan, ao mesmo tempo, colaborar no financiamento dunha institución como é Cáritas, que traballa no día a día en favor dos veciños máis necesitados do noso concello”, subliñou Jiménez Morán.

Durante o concerto os/as músicos participantes interpretarán temas populares e clásicos como Mrs. Winter's Jump, El Gato Montés, Marcha Turca, River flows in your, Skip to My Lou, Barcarola, Goodbye Kate, For Chris and Michel, The Trumpet Tunet, Allegretto-Allegro Marcia, Allegro do Concerto en si menor Op. 35, Marche des Soldats de R. Brue, Unha noite na eira do trigo ou Danubio Vals. Todos eles pertencentes a autores como John Dowland, Juan del Encina, Manuel Penella, Wolfgang Amadeus Mozart, Yiruma, Jean-Marc Allerme, Jan Van Beekum, Jean Brouquières, Juan Montes, Lennon and McCarteny, entre outros. En anteriores edicións os concertos benéficos foron destinados para outras entidades como Save the Children -dentro da campaña 'Dar a nota pola solidariedade' nos anos 2010 e 2011, a favor de Costa de Marfil e Haití, respectivamente- e o ano pasado para Unicef.  “Vivimos un momento ben difícil, cada día son máis as familias que necesitan a axuda dos demais para poder chegar a fin de mes e cubrir as necesidades fundamentais de auga, luz, alimentación”, recordou o párroco verinense, “a xente de Verín é xenerosa, e todo o que se consiga sempre vén moi ben, porque cada día as necesidades son maiores”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>