Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'A semana do teu comercio' recoñece a un centenario grupo de distribución de Verín
'A semana do teu comercio' recoñece a un centenario grupo de distribución de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Maio 2013 13:43

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, e o presidente e vicepresidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, entregaron esta mañá o diploma 'A semana do teu comercio' ao centenario grupo de distribución Juan Miguel Diéguez.

'A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia' é unha campaña  da Consellería de Economía e Industria destinada a revalorizar o traballo desenvolvido a prol do pequeno comercio das súas localidades polos 52 centros comerciais abertos (CCAs) existentes en Galicia, dedicándolles unha semana do ano a cada un deles. No caso de Verín o establecemento seleccionado foi o grupo de distribución Juan Miguel Díeguez, que ten a súa orixe en 1909, na persoa de Clementina Canellas, avaa do actual xerente da empresa, que fundou un negocio, coñecido popularmente como A Clementina, estaba situada na rúa do Pozo, e adicábase ao troco -recibía ovos e carbón dos veciños da zona e intercambiábao por outros produtos de primeira necesidade, como aceite, pan e azucre, que conseguía de almacenistas de Ourense. En 1930 a fundadora, axudada polas súas fillas Carmen e María, trasladaron o negocio a un local máis amplo e máis vistoso no cruzamento da rúa da Cruz coa da Mercé, no que por aquel entón era o centro económico e comercial da vila. No ano de 1949 abriuse unha nova tenda -que posteriormente chamaríase MiniSuper- nas proximidades, xa de camiño á Praza Maior, seguindo ambas abertas de forma simultánea. Esta segunda tenda permitiu que cada unha das irmás Rivas Canellas puidesen xestionar o seu propio local comercial. En 1966 incorpórase ao negocio o único fillo de Carmen, Juan Miguel Diéguez Rivas, que actualmente da nome ao grupo empresarial familiar. Nesa época, dado o o gran volume de negocio que xa se manexaba, ábrese un novo local comercial, esta vez centrado na venda por xunto -estaba situado na rúa Travesía de Sousas, a uns 300 metros da zona onde se iniciou o negocio-.

A comezos dos 90 apóstase por unha decidida modernización da empresa, cambiando o nome dos supermercados a DyD, en referencia a Diéguez e Diéguez, os apelidos do matrimonio que neses momentos era propietario da mesma (a terceira xeración). Nesa época créanse empresas filiais da matriz e sucédense as aperturas de novos autoservicios e supermercados, primeiro en Verín e logo no resto da provincia e o norte da veciña Portugal.  Unhas actuación que permiten que co cambio de século se incorpore a cuarta xeración familiar e a empresa aposte por trasladar o seu almacén regulador a unhas amplas e modernas instalacións situadas nos arredores da localidade de Verín, xa que as anteriores quedábanse escasas para atender as necesidades dun negocio en continua expansión que factura ao redor de 16 millóns de euros anuais, e que conta con 15 tendas propias, numerosos franquiciados e clientes nun radio de acción de 150 quilómetros. Sen esquecer que no 2009, ano do centenario do nacemento da empresa familiar, decide homenaxearse á fundadora, lanzando unha liña de produtos de marca propia baixo ensínaa "A Clementina", e coa apertura en Verín un novo establecemento especializado no bazar coa denominación "A Clementina. Cousas de Casa". 

A finais do ano 2005, un grupo de empresarios de comercio e servizos do núcleo comercial central da zona urbana de Verín, constitúen a actual Asociación de Empresarios de Verín. Unha Asociación que comeza a andar a mediados do ano 2006, co obxectivo, entre outros, de dinamizar o conxunto comercial e de servizos da zona urbana de Verín. No ano 2007 xa contaban con mais de 80 socios, dos cales 70 se encontran situados no núcleo urbano comercial e funcional mais importante de toda a bisbarra, e comezan a realizar unha actividade promocional e de servizos comúns que posteriormente, en anos sucesivos foron incrementando mantendo, hoxe en día, un programa de traballo estable. Entre novembro e decembro do 2009, aprobáronse en Asamblea a creación dunha sección especial dentro da Asociación do Centro Comercial Aberto/Urbano, na que se delimite a área de actuación do núcleo comercial central e, poténciese como un CCA/CCU. Entre os diferentes tipos de accións atópanse campañas e accións de publicidade, promoción e animación comercial, campañas de fidelización de clientes, promoción de vendas e servizos conxuntos os clientes, formación e información comercial, servizos técnicos y economicamente vantaxosos para os socios (bancarios, asesoramento, seguros), accións de mellora do atractivo e funcionalidade do entorno urbano e comercial co Concello de Verín, e defensa dos intereses comúns o colectivo e interlocución con administracións, especialmente a local.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>