Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas VII Xornadas de Deporte e Saúde en Verín
VII Xornadas de Deporte e Saúde en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Maio 2013 13:46

O Concello de Verín organiza, por sétimo ano consecutivo, as Xornadas de Deporte e Saúde no municipio destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.


Devanditas xornadas foron creadas co obxecto de asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.

As actividades previstas para esta edición son as seguintes:

- Campionato Provincial de Fútbol-Sala Benxamín, Alevín e Infantil (11 de maio, de 10.30 a 20 horas)
* Terán lugar as semifinais e finais do campionato provincial de fútbol-sala en tres categorías, coa     participación de 16 equipos do programa Xogade.
* Será no Pavillón Municipal de Deportes e no Complexo deportivo de A Granxa e está organizado pola     Secretaría Xeral para o Deporte, Xunta de Galicia e Concello de Verín

- 'I Andaina Solidaria en Familia' (11 de maio, ás 17.30 horas)

* A primeira edición da 'Andaina Solidaria en Familia', destinada a recadar fondos para axudar na construción
de pozos de auga en diferentes localidades de Níxer.
* Esta iniciativa está pensada para toda a familia, desde os máis pequenos aos maiores -non hai límite de idade     para a súa participación-, e os/as menores poden realizar esta andaina en mochila ou carrito. A saída será ás 17.30 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Verín, e cun total cinco quilómetros os/as asistentes  desprazaranse ata Cabreiroá (rúa Infistela), Lonxa Agropecuaria, Sousas (rúas San Antón e Camiño Vello de Sousas) e Fonte do Sapo (rúa San Pedro e N-525), onde se realizarán xogos cooperativos para os/as participantes e os/as nenos/as tamén contarán con inchables.
Para participar na 'I Andaina Solidaria en Familia', é necesario formalizar inscrición previa no departamento de Educación Familiar en horario de mañá (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal, 11 bis, no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou teléfono 988-414776) ou no Pavillón Municipal de Deportes de Verín durante a tarde (correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou teléfono 988-411140).
* Organizado polos departamentos de Educación Familiar e Deportes do Concello de Verín, xunto con UNICEF     España.

- VI Encontro Deporte e Saúde (25 de maio, ás 17 horas)

* Iniciativa programada, no complexo deportivo de A Granxa, para asociacións rurais e de mulleres da provincia de Ourense, que desenvolven durante o ano actividades deportivas saudables, socios e alumnos de cursos de instalacións deportivas e centros sociais, e integrantes de colectivos participantes en actividades específicas como baile,  tai chi, pilates ou ioga.
* Realización de actividades como obradoiros, exhibicións e master class de pilates, zumba, baile e aerobic.
* Master class e obradoiro de bailes urbanos dirixidos por Eva Juan, concursante finalista do programa televisivo 'Fama: A Bailar 2'.
* Organizado por Asociación de Empresarios de Verín (Aever), Saudeter e Concello de Verín.

- VI Marcha Val de Monterrei (26 de maio, a partir das 9.30 horas)
* A sexta edición da proba ciclista de BTT, con saída no complexo deportivo de A Granxa, está conformada por dúas modalidades de participación (55 e 35 quilómetros), ademais dun paseo de 25 quilómetros (ao finalizar xantar de confraternización).
* Organizado por BTT Verín e Concello de Verín.

- Charla-Coloquio 'O Wu-Shu e o deporte de elite' (30 de maio, ás 20.30 horas)

* No salón de actos da Casa da Cultura de Verín, a cargo de José Manuel Ferreira, un mozo verinense que acercará aos/ás asistentes ás experiencias e a realidade do mundo da alta competición. José Manuel Ferreira é campión de España en Wu-Shu, membro da selección española e participou en mundiais desta disciplina deportiva.
* Organizado polo Concello de Verín.

- Día Mundial da Infancia e Festa de Clausura das Escolas Deportivas Municipais (31 de maio, á 18 horas)

* No Pavillón Municipal de Deportes terá lugar a celebración do Día Mundial da Infancia na Eurocidade     Chaves-Verín, cun festival de entretemento e exhibicións para os/as menores dos dous municipios. O mesmo     tamén porá punto e final a tempada 2012-2013 das Escolas Deportivas Municipais.
* Organizado pola Eurocidade Chaves-Verín e Concello de Verín.

- Charla-Coloquio 'Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua' (06 de xuño, ás 20.30 horas)

* No salón de actos da Casa da Cultura de Verín, a cargo de Sebastián “Chano” Rodríguez, deportista paralímpico e medallista en Londres 2012, que relatará a súas experiencias vitais e o seu camiño de superación a todos os presentes. * O acto será conducido polo actor, presentador e produtor Rubén Riós.
Organizado pola Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Deputación de A Coruña e Concello de Verín.

- Gala do Deporte (07 de xuño, ás 20.45 horas)

* No complexo deportivo de A Granxa terá lugar a primeira edición da Gala do Deporte de Verín, na que se recoñecerá a labor dos deportistas locais durante a tempada 2012-2013.
*Organizado polo Concello de Verín.

- 4º Torneo Internacional de Fútbol 7 e Fútbol-Sala (08 de xuño, de 10 a 20.30 horas)

* Torneo de fútbol 7 (para categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e de fútbol-sala (para benxamíns, alevíns e infantís).
* Organizado polo Concello de Verín.

- III Final de Copa Fútbol 7 Veteráns (22 de xuño, ás 20.30 horas)
* No complexo deportivo de A Granxa, cun partido que finalizará esta tempada oficial.
* Organizado polo Concello de Verín.

Ademais durante todo o mes de xuño terán lugar un Torneo de Fútbol-Sala Sub 9, Sub 12, Sub 15 e Xuvenil, así como un Torneo de Tenis desde a categoría alevín ata a de xunior. O prazo de inscrición finaliza o 20 de maio e está organizado polo Concello de Verín.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>