Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Gala do Deporte en Verín
Gala do Deporte en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Maio 2013 12:49

O vindeiro 7 de xuño, a partir das 20.45 horas, o complexo polideportivo de A Granxa acollerá a celebración da primeira edición da Gala do Deporte de Verín, realizada polo servizo de Deportes do Concello de Verín, co obxecto de recoñecer a labor do deportistas locais durante a tempada 2012-2013.


Tal e como estima o xurado cualificador, conformado por técnicos deportivos, ás persoas físicas e entidades susceptibles de ser galardoadas na Gala do Deporte de Verín, teñen que ser naturais da comarca de Verín ou, sen ter orixes relacionadas, a súa actividade deportiva desenvólvase e localice dentro dos límites físicos, xeográficos e xurídicos do tecido deportivo da bisbarra de Verín.

Ata o 15 de maio estará aberto o prazo para presentar propostas de candidatos/as por parte dos veciños e veciñas da comarca de Verín -mediante exposición do deportista referente e os seus méritos avaliables-, que poden ser de modo anónimo o baixo autor, mediante as caixas de correos situados no Pavillón Municipal de Deportes, Piscina Climatizada e complexo deportivo de A Granxa; así como no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no Rexistro de Entrada do Concello de Verín (a continuación se avaliarán as propostas recibidas, cuestións como criterios de aceptación, presentación de currículum ou dossier de méritos, revisión dos mesmos e publicación dunha lista de finalistas)

Os premios que se outorgarán nesta primeira edición divídense nas seguintes categorías:
· Premio ao Mellor Deportista Promesa, dirixido a todos os deportistas masculinos e femininos cuxa idade está comprendida dentro das categorías de base, ou no seu defecto, que sexa menor de idade.
· Premio ao Mellor Deportista Absoluto, dirixido a todos os deportistas cuxa idade está comprendida dentro da categoría sénior e que sexa maior de idade.
· Premio ao Mellor Deportista Veterano, dirixido a todos os deportistas cuxa idade está comprendida dentro das categorías de veterano e todas as súas variantes, ou no seu defecto, que sexa maior de 35 anos (o Xurado da Gala terá a potestade de variar a idade de referencia inicial para acceder a este premio en función do perfil dos candidatos propostos ou que opten definitivamente a este galardón co propósito de emitir un fallo axustado ás circunstancias e realidades dos optantes).
· Premio á Mellor Entidade Deportiva, dirixido a todos os colectivos deportivos en calquera do seu formato creacional: asociacións, clubs e/ou equipos, cuxos fins primordiais sexan a participación en competicións deportivas de calquera índole, a promoción de participación masiva en eventos deportivos ou a propia creación e organización de probas deportivas de recoñecido valor socio-deportivo.
· Premio Especial ao Patrocinio Deportivo, dirixido a todas aquelas entidades privadas que colaboran, promoven, coorganizan e fomentan o desenvolvemento do tecido deportivo da comunidade.
· Premio Especial ao Fomento do Deporte para Todos, dirixido a aquelas persoas que colaboran, promoven, organizan, fomentan e/ou participan no desenvolvemento e crecemento do tecido deportivo da comunidade no apartado do deporte popular non federado e que non participa en competición; a premiar aquelas iniciativas que promovan o Deporte para a Saúde e o Deporte Inclusivo (deporte e actividade física adaptada para discapacitados), en tanto que dean cabida á actividade física saudable en escolares, adultos e terceira idade; e ás iniciativas innovadoras e de sostibilidade de persoas que pertenza a sectores vinculados indirectamente co deporte e que gravitan en torno a el, e cuxa finalidade sexa a de potenciar e apoiar co seu labor o mundo do deporte.
· Premio Especial á Traxectoria Deportiva, dirixido a todas aquelas persoas que presenten unha bagaxe ou historial que sexa de recoñecido valor moral, social e deportivo, obtivese éxitos deportivos destacables e/ou dedicase un recoñecido labor de entrega ao deporte, en calquera dos seus ámbitos e facetas, durante gran parte da súa vida.
· Accésits e Mencións Especiais. O Xurado da Gala do Deporte poderá outorgar todas aquelas mencións deportivas que estime oportunas tras a avaliación das candidaturas presentadas ás diferentes categorías de premios e que se deriven das propias deliberacións pactadas para a emisión do fallo de finalistas e gañadores.

Os premios engloban deportistas masculinos e femininos cuxos méritos deportivos se sitúen dentro da tempada comprendida entre o 1 de xuño de 2012 ata o 30 de maio de 2013. Nas categorías de Mellor Deportista Promesa, Mellor Deportista Absoluto, Mellor Deportista Veterano, Mellor Entidade Deportiva seleccionaranse tres finalistas e o gañador coñecerase durante a celebración da Gala (mentres que a asignación deste galardón será directa, é dicir, non se proclamaran finalistas nos premios Patrocinio Deportivo, Fomento do Deporte para Todos, Traxectoria Deportiva. Accésits e Mencións Especiais.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>