Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Curso 'Ruta dos lagares rupestres' en Verín
Curso 'Ruta dos lagares rupestres' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 06 Maio 2013 13:27

O sábado 11 de maio, Verín acollerá a realización do curso 'Ruta dos lagares rupestres en Galicia', organizado pola UNED Ourense en colaboración co Concello de Verín, S.X. para o Turismo, Servino Consulting, Adega Crego e Monaguillo e Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Devandito curso, dirixido por César Llana Rodríguez de UNED A Coruña, e coordinado por Fermín Pérez Losada e Luis Paadín, está aberto a todos as persoas interesadas en xeral e ten por obxectivo coñecer unha tradición ancestral de elaboración do viño e difundir unha parte do patrimonio vitivinícola de Galicia. O número de prazas dispoñibles son 50 (antes de matricularse hai que consultar a dispoñibilidade de prazas no 988-371444) e as horas do curso ascenden a un total de 10 (aprobado 1 crédito de libre elección -0,5 ECTS- para alumnado da UNED e solicitada homologación á S.X para o Turismo para guías turísticos de Galicia). O prazo de matrícula finaliza o 9 de maio e o prezo do curso é de 45 euros (inclúe o transporte en autobús e almorzo en Verín).

O programa de 'Ruta dos lagares rupestres en Galicia' é o seguinte:
- 09.45 horas: Saída de Ourense (Torres do Pino) en autobús.
- 11.15 - 12.30 horas: Relatorio “Lagares rupestres de Galicia. Pegadas da historia vitivinícola de Galicia”, na Casa da Cultura de Verín, a cargo de Luis Paadín e Fermín Pérez Losada (profesor titular de arqueoloxía da Facultade de Historia -Campus Ourense- Universidade de Vigo e titor da UNED Ourense).
- 12.30 - 15.00 horas: Visita ao municipio de Oimbra: lagar de Oimbra, lagar Maseiras, lagar As Polas de Outeiro (realizada por Luis Paadín e Manuel García Valdeiras, arqueólogo municipal de Ribadavia).
- 15.00 - 17.00 horas: Comida en Verín (Restaurante Brasil)
- 17.00 - 18.30 horas: Visita ao municipio de Monterrei: lagar A Carreira Blanca, lagar Palocas (realizada por Luis Paadín e Mauel García Valdeiras, arqueólogo municipal de Ribadavia).
- 18.30 - 21.00 horas: Visita a adega Crego e Monaguillo (DO Monterrei).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>