Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo do Pobo Galego recoñece a labor cultural do Concello de Verín
O Museo do Pobo Galego recoñece a labor cultural do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 06 Maio 2013 13:33

O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, Víctor Manuel Baladrón Lamas, asistiu a última asemblea xeral de socios e socias do Museo do Pobo Galego, na que recibiu unha insignia de prata polo 25 aniversario de pertenza do Concello de Verín a esta asociación creada co obxecto de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos.


Esta distinción, outorgada polo presidente, recoñece a labor de fidelidade, apoio constante e colaboración co Museo do Pobo Galego; así como as actividades culturais realizadas polo ente municipal, neste último cuarto de século, en prol da lingua e cultura galegas.

Ao longo da asemblea xeral, ademais de aprobarse a sesión da acta anterior e imporse estas distincións, elixiuse a representación dos socios no padroado e na xunta reitora, e presentáronse os informe da xunta reitora, dirección do museo e oficina do socios; seguido da inauguración da exposición Entre amigos de fotografía etnográfica de socias e socios do Museo do Pobo Galego.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>