Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Campionato Provincial de Fútbol-Sala Escolar en Verín
Campionato Provincial de Fútbol-Sala Escolar en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Maio 2013 11:40

O sábado 11 de maio arrancará a sétima edición das Xornadas de Deporte e Saúde do Concello de Verín, coa realización do Campionato Provincial de Fútbol-Sala Benxamín, Alevín, Cadete e Infantil, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Xogade, delegación ourensana de Fútbol Sala e Concello de Verín.


No campionato, que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes e no Complexo deportivo de A Granxa, participarán un total de dezaoito equipos, masculinos, femininos e mixto, nas categorías infantil, alevín, cadete e benxamín. Os enfrontamentos iniciaranse a partir das 10 horas, nos dous recintos deportivos, coas semifinais infantil masculino (AD Barval-Seminario Menor // EMD Cea-Arranxar), alevín masculino (AD Limia-Carballiño FS // EMD Cea-Ponte Ourense CF), benxamín mixto (EDC Verín-AD Limia // Ponte Ourense CF-EDC Celanova). Durante a mañá, ás 12.40 horas, tamén terá lugar a final cadete feminino entre EDC Celanova-Cidade das Burgas FS, e xa de tarde disputaranse a finais finais infantil masculino, alevín masculino, benxamín mixto (entre os vencedores dos partidos da mañá), alevín feminino (Cidade Burgas Fs-Cidade Ourense FS) e infantil feminino (Cidade Burgas Fs-Cidade Ourense FS) ; así como o 3º e 4º posto en alevín masculino e benxamín mixto. E ás 20 horas, o complexo deportivo de A Granxa acollerá a cerimonia de entrega de trofeos deste Campionato Provincial de Fútbol Sala.

As normas de participación neste campionato son as seguintes:
- Para participar neste campionato é obrigatorio estar inscrito no programa XOGADE, con anterioridade ó 1 de Abril do 2013.

- Todos os equipos presentarán na mesa dos anotadores, dez (10) minutos antes de cada partido, as licencias dos xogadores expedidas pola FGFS ou no seu defecto os Documentos Nacionais de Identidade (D.N.I.), xunto co parte de XOGADE debidamente cumprimentado. No caso de non facelo, non poderán disputar o encontro.

- No caso de empate o final dos encontros, resolverase segundo as Normas da FGFS.

- Cada equipo estará composto por un máximo de doce (12) xogadores, adestrador, auxiliar e delegado, non podendo presentar máis licencias no corpo técnico, ata un máximo de tres (3). Non se poderán sentar dous técnicos ca mesma licenza.

- A duración dos partidos será: Infantil masculino e feminino, dous (2) períodos de vinte cinco (25) minutos cun descanso de cinco (5) minutos; Alevín masculino, feminino e Benxamín mixto dous (2) períodos de vinte (20) minutos cun descanso de cinco (5) minutos, agás no terceiro e cuarto posto, que será, Infantil masculino, dous (2) períodos de vinte (20) minutos cun descanso de cinco (5) minutos, e Alevín masculino e Benxamín mixto, que será de dous (2) períodos de quince (15) minutos cun descanso de (5) minutos.

- Todo o non contemplado nesta normativa, atenderase as Bases Complementarias  de Base de Ourense da Federación Galega de Fútbol Sala.

- Os Campións Provinciais Infantil Masculino e Feminino terán dereito a participar na Fase de Ascenso Autonómica, que se celebrarán en A Coruña o 25 de maio. Os Campións Provinciais Infantil e Cadete Feminino terán dereito a participar na Fase de Ascenso Autonómica, que se celebrarán en Pontevedra o 8 de xuño. Os Campións Provinciais Alevín Masculino e Benxamín Mixto terán dereito a participar nos Campionatos Galegos, que se celebrarán o vindeiro 18 de maio en Santiago de Compostela.

As VII Xornadas de Deporte e Saúde están destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. As mesmas foron creadas co obxecto de asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia. Entre as actividades que se desenvolverán nas mesmas están: 'I Andaina Solidaria en Familia' (11 de maio, ás 17.30 horas), VI Encontro Deporte e Saúde (25 de maio, ás 17 horas), VI Marcha Val de Monterrei (26 de maio, a partir das 9.30 horas), Charla-Coloquio 'O Wu-Shu e o deporte de elite' (30 de maio, ás 20.30 horas), Día Mundial da Infancia e Festa de Clausura das Escolas Deportivas Municipais (31 de maio, á 18 horas), Charla-Coloquio 'Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua' (06 de xuño, ás 20.30 horas), Gala do Deporte (07 de xuño, ás 20.45 horas), 4º Torneo Internacional de Fútbol 7 e Fútbol-Sala (08 de xuño, de 10 a 20.30 horas), III Final de Copa Fútbol 7 Veteráns (22 de xuño, ás 20.30 horas), entre outras.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>