Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acollerá o Rallye Ecolóxico de Galicia 2013
Verín acollerá o Rallye Ecolóxico de Galicia 2013 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Maio 2013 12:09

O próximo sábado 11 de maio, Verín acollerá a celebración do Rallye Ecolóxico de Galicia, unha proba de regularidade na que priman o consumo e a contaminación para elixir o equipo gañador.

A terceira edición da cita automobilística galega co automóbil ecolóxico foi presentado hoxe en Verín por parte Enrique Díaz, tenente de alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón, concelleiro de Mocidade, Deportes e Festexos, José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde e Chiqui Gutiérrez, presidente do comité organizador. O mesmo percorrerá os concellos de A Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso e Vilar de Barrio, coas estacións de ferrocarril do Inorde (Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico) como protagonistas.

Terá un recorrido total de 276,185 quilómetros, dos que 176,165 formarán os tramos de regularidade nos que os/as participantes terán que cubrir as medias establecidas pola organización. As especiais serán as denominadas "Verín", "A Gudiña", "A Mezquita" na xornada matinal, mentres que pola tarde lle tocará a quenda á celebración dos de "Bouza", "Vilariño de Conso", "Servoi" e "Vilar de Barrio", finalizando a xornada un tramo de navegación denominado " Os Milagres".

No referente ao apartado de controis de emisións, examinarase en dous momentos aos equipos participantes para comprobar o nivel de CO2, a primeira delas pola mañá en A Gudiña e a segunda en Vilariño de Conso pola tarde, mentres que o control de consumo inicial (a enchedura dos depósitos de combustible) se realizará despois da saída da proba en Verín, e o control final en Vilar de Barrio.

O Rallye Ecolóxico de Galicia ademais de contar coa participación dos vehículos denominados "Ecolóxicos" (híbridos, eléctricos e liñas Eco que emiten menos de 120 gramos de CO2) tamén se converterá no escenario ideal para dar a coñecer os produtos ecolóxicos das bisbarras polas que discorre. Así, tanto na comida que terá lugar o sábado a mediodía na Estación de Ferrocarril de Vilavella como na cea e entrega de premios final na Estación de Ferrocarril de Baños de Molgas, os participantes da caravana verde gozarán de menús ecolóxicos, nunha proba na que todos os compoñentes son do devandito carácter.

O Rallye Ecolóxico de Galicia celebrou a súa primeira edición en 2011 na Ribeira Sacra nas provincias de Ourense e Lugo, mentres que o pasado ano achegou os automóbiles e produtos ecolóxicos ao interior da provincia de Pontevedra partindo dende Marín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>