Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Seminarios do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia na Aula CeMIT de Verín
Seminarios do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia na Aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Maio 2013 12:11

A aula CeMIT do Concello de Verín, co obxecto de achegar as novas tecnoloxías da información e comunicación aos/ás verinenses, pon a súa disposición, de modo gratuíto, a posibilidade de participar nos seminarios ofertados polo CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia), un centro referente tecnolóxico en Galicia.

Devanditos seminarios impartiranse a través dun sistema de videoconferencia, instalado na aula CeMIT de Verín, para evitar que os/as interesados/as non se teñan que desprazar ata Santiago de Compostela. O primeiro deles será o de 'Virtualización e alta dispoñibilidade en Linux' o 23 de maio, de 9.30 a 13.30 horas.

Para participar nos devanditos seminarios, destinados a mellorar o coñecemento das tecnoloxías e así reducir a brecha dixital, é necesario inscribirse na aula CeMIT de Verín (Casa da Xuventude. Avenida Portugal, 11, porta 11) ou no seguinte enlace http://cemit.xunta.es. No caso de querer seguilo de modo presencial, en Santiago de Compostela, será necesario inscribirse na web do CNTG https://cntg.xunta.es

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>