Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín, campión da Liga Galega
O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín, campión da Liga Galega PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Maio 2013 12:07

No serán de onte, o equipo infantil de fútbol sala das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín venceu por 10 a 2 goles a Os Meigallos F.S., o que supón a consecución do campionato da Liga Galega nesta disciplina deportiva.

O equipo verinense, tras as 22 xornadas de campionato, acadou un total de 62 puntos. De todos os partidos xogados gañou vinte e empatou dous, é dicir, non tivo ningunha derrota. Trátase do equipo da Liga Galega Infantil de Fútbol Sala que máis partidos venceu, seguido do Ázkar Lugo F.S. (con ata o momento 18 partidos gañados), C.D. Mare Nostrum F.S. ou A.D.C. Lumieira Lugo (con trece cada un, ata hoxe). Neste campionato participaron un total de 12 equipos de toda a xeografía galega.

Devandito equipo forma parte das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín, organizadas pola área de Deportes de Verín, co obxecto impulsar escolas de fútbol de calidade entre os/as nenos/as do municipio, e que están divididas nas categorías de fútbol sala (benxamín e infantil)e nas de fútbol (prebenxamín, benxamín, alevín,  infantil e cadetes).

Unha iniciativa deportiva en prol da saúde e do deporte escolar na que tamén se atopan as Escolas Deportivas Municipais (Escolas Infantís Xenéricas -pequexogos, psicomotricidade, xogo e deporte- e Escolas de Especialización Deportiva -aeróbic, danza oriental, tenis, baile latino, acrosport, atletismo e natación).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>