Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Curso de creación de empresas turísticas no PCT Puertas de Galicia
Curso de creación de empresas turísticas no PCT Puertas de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Maio 2013 12:08

O Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia programa a realización dun curso de creación de empresas turísticas, dirixido a todas a persoas interesadas na posta en funcionamento dunha empresa neste sector, que constitúe unha oportunidade para aqueles/as que decidan traballar por conta propia.


Os principais obxectivos deste acción formativa son orientar sobre os pasos a seguir para poñer en marcha unha empresa, analizar ideas de negocio aproveitando os recursos turísticos do territorio de Puertas de Galicia, proporcionar ferramentas e metodoloxías para analizar a viabilidade dunha idea empresarial, apoiar aos asistentes na elaboración dun plan de negocio e proporcionar coñecementos e habilidades para poñer en marcha e xestionar o propio negocio.

O curso desenvolverase en 8 sesións formativas de 4 horas cada unha e conta coa posibilidade de tutorización presencial e on-line para realizar consultas aos profesores e analizar cada proxecto de xeito particular. Terá lugar, de xeito simultáneo, nas localidades de Viana do Bolo e Verín entre os día 20 e 30 de maio, de luns a xoves, en horario de 9.30 a 13.30 (para Viana do Bolo) e de 15.30 a 19.30 (en Verín).

Aquelas persoas que desexen inscribirse deberán enviar un correo á conta Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , antes do 16 de maio indicando os seus datos persoais, e a localidade onde desexan asistir (Verín ou Viana).

O Plan de Competitividade Puertas de Galicia está promovido por Turespaña, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce municipios (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Puertas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>