Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Charla-coloquio 'Seguridade Viaria e 3ª Idade', no marco das accións da Carta Europea da Seguridade Viaria
Charla-coloquio 'Seguridade Viaria e 3ª Idade', no marco das accións da Carta Europea da Seguridade Viaria PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Maio 2013 13:02

Nas últimas xornadas, o alférez-xefe da Agrupación Guardia Civil Tráfico de Verín, Javier Barja Álvarez, impartiu a charla-coloquio 'Seguridade Viaria e 3ª Idade' a medio centenar de persoas no Centro Sociocomunitario de Verín, no marco das actividades organizadas polo Concello de Verín tras a súa adhesión á Carta Europea de Seguridade Viaria.


Na mesma amosáronse cuestións de seguridade viaria relacionadas coas persoas maiores de 65 anos, tanto a nivel de peón, coma de condutor de cuadriciclos, tractores ou bicicletas; así como a influencia dos medicamentos na condución, entre outros aspecto.

Esta iniciativa, impulsada desde a xefatura provincial da DGT, está dentro da campaña “Dá o paso, anda” centrada nos usuarios máis vulnerables da vía: os peóns. Na mesma invítase ao cidadán a desprazarse a pe e infórmase dos beneficios que este sinxelo medio de transporte repórtalle a el e á sociedade, por este motivo lánzase con tres obxectivos específicos: mellorar o coñecemento sobre a accidentalidade dos peóns e mobilidade, proporcionar espazos seguros de mobilidade para peóns e promover os desprazamentos a pé como modo de mobilidade eficiente e alternativa a realizar en traxectos curtos.

A adhesión do Concello de Verín á Carta Europea de Seguridade Viaria permite desenvolver accións concretas no ámbito da educación e seguridade viaria como son a realización destas charlas-coloquio dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade (xa se impartiron dúas neste grupo) e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, eliminación de barreiras arquitectónicas, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; mantemento e reposición de sinais de tráfico ou reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico. Unhas actuacións, que xa foron recoñecidas no ano 2010 pola Comisión Europea coa entrega do 'Premio de Excelencia en Seguridade Viaria', destinadas a concienciar aos menores e adultos da importancia de adquirir boas prácticas e previr os accidentes na estrada.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>