Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Acto sobre Vidal Bolaño e Gala Músico-Literaria para celebrar o Día das Letras Galegas en Verín
Acto sobre Vidal Bolaño e Gala Músico-Literaria para celebrar o Día das Letras Galegas en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Maio 2013 13:04

A proxección dun audiovisual, á que seguirá unha charla sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño, escritor homenaxeado na efeméride, e unha gala músico-literaria na que se lerán os relatos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, e se declamarán, na voz dos autores, as composicións premiadas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, serán os actos que se celebren en Verín con motivo do Día das Letras Galegas fóra do ámbito educativo.

O mércores día 15 ás 19.30 horas, proxectarase na Casa da Cultura Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño. A exhibición do audiovisual de Gonzalo Enríquez Veloso sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013 compleméntase cunha  charla sobre o galardoado de Montse Pena Presas. O acto está organizado polo Concello de Verín coa colaboración da Editorial Galaxia.

O venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 19 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Verín a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, con recitado dos poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, lectura dos  traballos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e actuacións de música galega do Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín. No acto, que organiza o Concello de Verín, colabora Supermercados Gadis.

Tanto no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez como no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez participaron este ano centros radicados en diversos municipios da comarca de Verín. En Primaria, os centros participantes foron o CEIP de Oímbra, o CEIP de Castrelo do Val e o Centro Privado Plurilingüe María Inmaculada. En ESO, nos niveis de 1º e 2º ciclo (agás o IES Castro de Baronceli, que non presentou poemas finalistas no 1º ciclo) participaron, ademais deste instituto, o IES Xesús Taboada Chivite, o Centro Privado Plurilingüe María Inmaculada e o Colexio Apostólico Mercedario. Os centros participantes seleccionan, en cada un dos tres niveis nos que se pode competir en cada premio, tres traballos para a fase final. Todos os autores dos traballos seleccionados como finalistas reciben un lote de libros e os clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar, premios en metálico por importe de 90, 60 e 30 euros, respectivamente.  

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>