Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín e a Fundación Celta de Vigo revalidan, por segundo ano consecutivo, o convenio para desenvolver un campus de verán na localidade
O Concello de Verín e a Fundación Celta de Vigo revalidan, por segundo ano consecutivo, o convenio para desenvolver un campus de verán na localidade PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Maio 2013 12:57

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, Diego García Sarabia e Alejandro Abalde, coordinadores da Fundación Celta de Vigo, revalidaron esta mañá, e por segundo ano consecutivo, o convenio conxunto para desenvolver un campus de verán do 1 ao 6 de xullo en Verín.

Este campus de verán, destinado a menores con idades comprendidas entre os 4 e 16 anos, ten por obxectivo que os os/as participantes perfeccionen e melloren os seus coñecementos en actividades deportivas cuxo eixe central será o fútbol e que se complementarán con outras de carácter didáctico e lúdico. Por este motivo aséntase nas seguintes liñas de actuación: aprender e perfeccionar a técnica individual do fútbol mediante xogos e exercicios progresivos, iniciar e perfeccionar a súa actividade deportiva colectiva, desenvolver no alumno unha actitude participativa e socializadora, desenvolver as capacidades físicas base, aprender os principios básicos dunha alimentación saudable e contribuír ao desenvolvemento integral do neno/a (a través de actividades formativas e educativas en alimentación e hábitos saudables).

O campus de verán da Fundación Celta de Vigo, des seis días de duración, se impartirá en horario matinal, de 10 a 14 horas, e o prezo para participar no mesmo será de 160 euros (público en xeral) ou de 120 (abonados do Celta, membros da Fundación e alumnos das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol-Sala do Concello de Verín).  En devandita iniciativa, que permitirá aos menores adestrarse como verdadeiros xogadores de fútbol profesional con monitores cualificados, se lles entregará unha equipación a cada participante e contará coa presenza de olladores do R.C. Celta de Vigo, para identificar a novas promesas, que terán a oportunidade de adestrarse na Madroa.  A inscrición debe realizarse no Complexo Deportivo de A Granxa (de 10 a 13.30 e de 16 a 22 horas).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>