Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Acto sobre Vidal Bolaño para conmemorar o Día das Letras Galegas en Verín
Acto sobre Vidal Bolaño para conmemorar o Día das Letras Galegas en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Maio 2013 13:03

Mañá mércores, ás 19.30 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá a proxección de 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño', co obxecto de conmemorar o Día das Letras Galegas fóra do ámbito educativo.

A exhibición do audiovisual de Gonzalo Enríquez Veloso sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013 compleméntase cunha charla sobre o galardoado de Montse Pena Presas, organizada polo Concello de Verín coa colaboración da editorial Galaxia. Neste documental, familia, amgios,  compañeiros de profesión e investigadoras miran baixo o chapeu negro para relatar quen era en realidade Roberto Vidal Bolaño, amosando unha singular visión que, sen dúbida, axudará a comprender mellor a súa obra. Ademais, grazas a aportación de Montse Pena desvélase que hai detrás do nariz de pallado, achegando dun xeito lúdico e rigoroso as características principais da produción do dramaturgo, sen esquecer o director de esena.

Montse Pena Presas. Sada, 1981. É licenciada en Filoloxía Galega e DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC; e máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Na actualidade, traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da USC, feito que compaxina coa crítica literaria en diversas revistas e xornais e coa investigación en literatura infantil e xuvenil, o seu ámbito de especialización. Publicou diversos estudos sobre esta materia e é coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia ou a Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria

Gonzalo Enríquez Veloso. Naceu na Coruña en 1985. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola UDC, actualmente está realizando a súa tese de doutoramento na área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, realizou estancias de investigación en universidades como Princeton University e publicou diversos traballos nos eidos da cultura, a literatura e o audiovisual. Combina a vida académica coa creación de documentais, entre os que destacan Peregrinos sen retorno, seleccionado no 16º OUFF, Lois Pereiro. Seguindo os surcos, nominado nos Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual e Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade, estreado en decembro de 2012 no Museo de Pontevedra.

Con todo no será a única actividade prevista para conmemorar esta efeméride, xa que o venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 19 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Verín a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, con recitado dos poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, lectura dos  traballos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e actuacións de música galega do Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín. No acto, que organiza o Concello de Verín, colabora Supermercados Gadis.

Tanto no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez como no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez participaron este ano centros radicados en diversos municipios da comarca de Verín. En Primaria, os centros participantes foron o CEIP de Oímbra, o CEIP de Castrelo do Val e o Centro Privado Plurilingüe María Inmaculada. En ESO, nos niveis de 1º e 2º ciclo (agás o IES Castro de Baronceli, que non presentou poemas finalistas no 1º ciclo) participaron, ademais deste instituto, o IES Xesús Taboada Chivite, o Centro Privado Plurilingüe María Inmaculada e o Colexio Apostólico Mercedario. Os centros participantes seleccionan, en cada un dos tres niveis nos que se pode competir en cada premio, tres traballos para a fase final. Todos os autores dos traballos seleccionados como finalistas reciben un lote de libros e os clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar, premios en metálico por importe de 90, 60 e 30 euros, respectivamente.  

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>