Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Gala Músico-Literaria das Letras Galegas na Casa da Cultura
Gala Músico-Literaria das Letras Galegas na Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Maio 2013 11:08

Mañá venres, ás 19 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas. No acto, organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Gadis, actuará o Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín e leranse os traballos gañadores das diferentes modalidades nas que se organizan o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.

Tanto no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez como no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez participaron este ano centros radicados en diversos municipios da comarca de Verín. En Primaria, os centros participantes foron o CEIP de Oímbra, o CEIP de Castrelo do Val e o Centro Privado Plurilingüe María Inmaculada. En ESO, nos niveis de 1º e 2º ciclo (agás o IES Castro de Baronceli, que non presentou poemas finalistas no 1º ciclo) participaron, ademais deste instituto, o IES Xesús Taboada Chivite, o Centro Privado Plurilingüe María Inmaculada e o Colexio Apostólico Mercedario.

Os centros participantes seleccionan, en cada un dos tres niveis nos que se pode competir en cada premio, tres traballos para a fase final. Todos os autores dos traballos seleccionados como finalistas reciben un lote de libros e os clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar, premios en metálico por importe de 90, 60 e 30 euros, respectivamente.  Os traballos, orixinais, inéditos, con temática e estilo libre e escritos en galego, non superarán unha extensión de 24 versos para competir no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez; nin de 2 DIN A4 escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, e marxes estándar e a un espazo e medio de interliñado, se concorren ao Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>