Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas VI Marcha Val de Monterrei
VI Marcha Val de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Maio 2013 11:10

O vindeiro domingo 26 de maio terá lugar a sexta edición da VI Marcha Val de Monterrei, organizada polo club BTT Verín e Concello de Verín.

A sexta edición da proba ciclista de BTT, con saída no complexo deportivo de A Granxa, está conformada por dúas modalidades de participación (55 e 35 quilómetros), ademais dun paseo de 25 quilómetros. A retirada de dorsais terá lugar o propio día 26 de maio, a partir das 8 horas, mentres que a saída está prevista ás 9.30 e a chegada dos últimos participantes sobre ás 13.30, seguida dun xantar conxunto.

A ruta corta e a larga son iguais ata o quilómetro 11, onde se separan (a persoa que non chegue a este punto antes de 40 minutos despois de que tome a saída, deberá ir de modo obrigatorio á ruta corta. Se transcorrido este tempo, e tras retirar o sinal de ruta larga, decide realizala, a organización non se responsabiliza do que poida acontecer); e volven a unirse a trece quilómetros da meta. Os avituallamentos da ruta corta serán nos quilómetros 14 (sólido e líquido) e 20 (líquido), e os da ruta larga nos 13 (líquido), 25 (sólido e líquido) e 38 (líquido).

Para participar será necesario inscribirse ata o 22 de maio na páxina web http://www.bttverin.com/, no apartado de “inscricións” e realizar o ingreso correspondente segundo a modalidade escollida ou ben poñerse en contacto coa organización a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Os prezos para participar na  VI Marcha Val de Monterrei: socios sen comida (gratis), socios con comida (12 euros), non socios sen comida (5 euros), non socios con comida (15 euros), paseo sen comida (gratis), paseo con comida: (12 € -para paseo e acompañantes non fai falta cubrir a páxina de inscricións, só porse en contacto coa organización-), acompañantes (12 € -para paseo e acompañantes non fai falta cubrir a páxina de inscricións, só poñerse en contacto coa organización-). O número de conta é 2100 4148 21 2200060815 (La Caixa) indicando no ingreso o nome e o D.I. do participante.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>