Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Catorce cursos formativos na aula CeMIT de Verín
Catorce cursos formativos na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2013 11:38

Durante o vindeiro mes de xuño a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará catorce novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: iniciación á informática, procura de información na Internet, correo electrónico, ferramenta na nube, redes sociais (Facebook, Twitter), DNI-e e certificados electrónicos, administración electrónica, opera co teu banco, o catastro e o sixpac, compras seguras, creando as nosas presentacións (Impress), folla de cálculo, escribindo documentos (procesador de textos) e seguridade informática. Os mesmos serven de continuación aos outros corenta e tres impartidos durante os primeiros cinco meses do ano, que foron de iniciación á informática, procura de información na Internet, Skype-Comunicación en tempo real, retoque fotográfico (GIMP), creación de blogs, busca de emprego en Internet, elabora o teu currículum vitae ou crear catálogos de produtos en liña (ISSU), entre outros.

Por outra banda, a aula CeMIT tamén pon a disposición dos/as verinenses, de modo gratuíto, a posibilidade de participar nos seminarios ofertados polo CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia), un centro referente tecnolóxico en Galicia. Os mesmos se impartirán a través dun sistema de videoconferencia, instalado na propia aula, para evitar que os/as interesados/as non se teñan que desprazar ata Santiago de Compostela. O primeiro deles será o de 'Virtualización e alta dispoñibilidade en Linux' o 23 de maio, de 9.30 a 13.30 horas, e o seguinte 'Creación de xogos' o vindeiro 4 de xuño, no horario anterior.


Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos e seminarios deben realizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou nos correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>