Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Master class de bailes urbanos e VI Encontro de Deporte e Saúde en Verín
Master class de bailes urbanos e VI Encontro de Deporte e Saúde en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Maio 2013 11:09

A sétima edición das Xornadas de Deporte e Saúde continúa este fin de semana en Verín coa realización dunha Master class de bailes urbanos e o sexto Encontro de Deporte e Saúde, que terán lugar o sábado 25 de maio, e que foron presentadas esta mañá polo tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz, o concelleiro de Deportes, Víctor Baladrón, e o presidente de AEVER-CCU Verín, José Ángel Rodicio.


Estas actividades, organizadas polo Concello de Verín e Asociación de Empresarios/as de Verín (AEVER)-CCU Verín, teñen por obxecto o desenvolvemento de políticas activas que melloren a calidade de vida dos/as veciños/as promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.

A primeira delas será unha Master Class de bailes urbanos a cargo de Eva Juan, finalista do programa televisivo Fama 2 “A Bailar”. Terá lugar nas prazas Maior e García Barbón, de 11 a 12 horas, e a mesma ademais de promover a saúde, a través do exercicio físico, busca incentivar o centro histórico da localidade e promocionar o comercio tradicional de Verín, xa que mentres os/as nenos/as teñen un espazo de lecer, os seus proxenitores poden realizar as compras diarias.

E xa de tarde, ás 17 horas, o complexo deportivo A Granxa acollerá o VI Encontro de Deporte e Saúde. Nesta iniciativa, na que tamén colaboran Saudeter e o programa 'Estamos a Tempo' do departamento de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín, está programada para asociacións rurais e de mulleres da provincia de Ourense, que desenvolven durante o ano actividades deportivas saudables, socios/as e alumnos/as de cursos de instalacións deportivas e centros sociais, e integrantes de colectivos participantes en actividades específicas como baile, tai chi, pilates ou ioga. Ao longo do VI Encontro de Deporte e Saúde, de carácter gratuíto e aberto a todo o público, terán lugar a realización de exhibicións de acrosport e obradoiros de pilates, zumba, baile, capoeira e aerobic. Ademais, o programa 'Estamos a Tempo' contará cun posto no que se ofertará información sobre este programa creado co obxecto de achegar  unha educación permanente que favoreza a calidade de vida, benestar físico e psicolóxico das persoas da terceira idade e dos/das seus/súas coidadores/as (está asentado en cinco módulos: recursos sociais, afectividade, cognitivo, autoaxuda e hábitos saudables).


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>