Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas IV Torneo Internacional Fútbol 8 e II Torneo Fútbol-Sala en Verín
IV Torneo Internacional Fútbol 8 e II Torneo Fútbol-Sala en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Maio 2013 11:13

O vindeiro 8 de xuño terán lugar, no Pavillón Municipal de Deportes e o complexo deportivo A Granxa, a realización do IV Torneo Internacional de Fútbol 8 (categorías prebenxamín e benxamín) e II Torneo de Fútbol-Sala (nas de benxamín, alevín e infantil).

No IV Torneo Internacional de Fútbol 8, que se disputará de modo íntegro no complexo deportivo  A Granxa, participarán na categoría de prebenxamín os equipos CD Ourense, Antela CF, EF Benfica-Chaves, EDC Verín, UD Sanabria, EM Celanova. Mentres que na de benxamín estarán presentes EDC Verín A,      GD Chaves, UD Sanabria, CD Ourense, EDC Verín B, EF Benfica-Chaves, Antela CF e Pabellón CF.

No caso do II Torneo de Fútbol-Sala, que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes e no complexo deportivo A Granxa, os equipos participantes nas categorías benxamín, alevín e infantil serán: EDC Verín A, Azkar Lugo FS, EM Celanova, EDC Verín B, Vigo 2015 FS (Vigo), Troula FS (Betanzos).

Devanditos torneos, que se disputarán de 9 a 20.30 horas, están organizados polo Concello de Verín coa colaboración de Asociación de Empresarios/as de Verín (AEVER)-CCU Verín, Cabreiroá e Asociación Veteranos Verín. Os mesmos están integrados na sétima edición das Xornadas de Deporte e Saúde, que foron creadas co obxecto de asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>