Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Circuíto de educación viaria na praza da Alameda de Verín
Circuíto de educación viaria na praza da Alameda de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Maio 2013 11:14

O Concello de Verín e Asociación de Empresarios/as de Verín (AEVER)-CCU Verín promoven para o vindeiro 15 de xuño, na praza da Alameda da localidade, a realización dun circuíto de educación viarias, que ademais de buscar a sensibilización dos/as menores nas formas correctas de comportamento en educación e seguridade viaria, ten por obxecto a promoción económica do comercio tradicional.  

Este circuíto de seguridade viaria está conformado por unha pequena cidade con sinais de tráfico, semáforos e pasos de peóns que os/as menores deben percorrer, en quince karts de pedais, cumprindo as normas de seguridade viaria. O horario desta iniciativa será de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas e está dividida en tres franxas de idade: de 3 a 6 anos, de 7 a 9 e de 10 a 14 anos.

Para poder acceder a este circuíto de 2.500 metros cadrados será necesario achegar a entrada correspondente, que será entregada nos establecementos asociados de AEVER-CCU Verín tras efectuar compras nos mesmos. Devandita iniciativa, xunto coa Master Class de bailes urbanos a cargo de Eva Juan -finalista do programa televisivo Fama 2 “A Bailar”-, súmase ás realizadas por esta asociación ao longo deste ano co obxecto de potenciar o comercio local.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>