Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Charla-Coloquio 'O Wu-Shu e o deporte de elite' en Verín
Charla-Coloquio 'O Wu-Shu e o deporte de elite' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Maio 2013 12:39

O salón de actos da Casa da Cultura de Verín acolle este xoves 30 de maio, a partir das 20.30 horas, a charla-coloquio 'O Wu-Shu e o deporte de elite', a cargo do verinense José Manuel Ferreira Colmenero.

Durante a mesma, Ferreira Colmenero aproximará aos/ás asistentes ás experiencias no mundo da alta competición, así como as súas vivencias e realidades nos adestramentos e campionatos no deporte de elite. Este mozo é o actual campión de España en Wu-Shu, membro da selección española absoluta e, neste momentos, está inmerso no programa de preparación do Campionato do Mundo que se disputará en Kuala Lumpur (do 26 de outubro ao 08 de novembro de 2013).

Esta charla-coloquio, enmarcada dentro do programada de actividades das VII Xornadas de Deporte e Saúde, contará coa asistencia de José Gago Garrido, presidente do departamento de Wu-Shu da Real Federación Galega de Judo e departamentos asociados, e seleccionador nacional ata o ano 2011.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>