Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín representa a Galicia no Campionato Nacional de Clubs
O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín representa a Galicia no Campionato Nacional de Clubs PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Maio 2013 11:41

Do 31 de maio ao 02 de xuño, o equipo de infantil de fútbol sala das EDC Verín participará no Campionato Nacional de Clubs, da Confederación Nacional de Fútbol Sala, como representante de Galicia tras acadar o campionato da Liga Galega nesta tempada.

Neste Campionato Nacional de Clubs, que ten lugar en Torrevieja (Alacante), participan un total seis equipos de fútbol sala representando as súas respectivas comunidades: Transportes Manuel Ramos (Castela-León), Akrasala F.S. (Comunidade Valenciana), EFS Fair Play (Extremadura), Soho Málaga F.S. (Andalucía), E.D. Villarrubia (Castela- A Mancha) e EDC Verín (Galicia). O equipo verinense está englobado no Grupo B ao que tamén pertencen as formacións de Castela-A Mancha e Castela-León; mentres que no Grupo A atópanse os restantes equipos. Os primeiros partidos do equipo de fútbol sala das EDC Verín será o venres, ás 16 horas, e o segundo o sábado 01 de xuño, a partir das 19 horas. A final deste campionato terá lugar o domingo 02 de xuño ás 10 horas.

O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín acadou o campionato de Liga Galega, o pasado 09 de maio, tras vencer por 10 a 2 goles a Os Meigallos F.S. Esta formación deportiva, tras as 22 xornadas de campionato, acadou un total de 62 puntos, con vinte partidos gañados e dous empatados.

Por outra banda, o equipo de fútbol infantil das EDC Verín disputará a fase de ascenso á Liga Galega de Infantís. A primeira eliminatoria terá lugar entre EDC Verín Infantís e o CD Chapela, e o partido de ida disputarase o 01 de xuño no complexo deportivo de A Granxa, ás 17 horas, mentres que a volta será o 09 de xuño en Redondela.

Os dous equipos forman parte das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín, organizadas pola área de Deportes de Verín, co obxecto impulsar escolas de fútbol de calidade entre os/as nenos/as do municipio, e que están divididas nas categorías de fútbol sala (benxamín e infantil)e nas de fútbol (prebenxamín, benxamín, alevín,  infantil e cadetes).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>