Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Seminario 'A aventura de crear un xogo. Ferramentas de desenvolvemento e lanzamento dun proxecto' na aula CeMIT de Verín
Seminario 'A aventura de crear un xogo. Ferramentas de desenvolvemento e lanzamento dun proxecto' na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Maio 2013 13:37

O martes 04 de xuño, na aula CeMIT do Concello de Verín impartirase o seminario gratuíto 'A aventura de crear un xogo. Ferramentas de desenvolvemento e lanzamento dun proxecto', programado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).

O mesmo, de 9.30 a 13.30 horas, terá lugar a través dun sistema de videoconferencia instalado na aula CeMIT de Verín, para evitar que os/as interesados/as se teñan que desprazar ata o propio CNTG, situado en Santiago de Compostela e que promove o achegamento das novas tecnoloxías da información e comunicación aos/ás verinenses.


A xornada constará de dúas partes: unha primeira parte na que se amosará o pasado, presente e futuro dos videoxogos independentes e as ferramentas para o seu desenvolvemento; e unha segunda, dirixida a trasladar aos/ás asistentes os acertos e erros á hora de lanzar un proxecto internacional.


Para participar neste seminario é necesario inscribirse na aula CeMIT de Verín (Casa da Xuventude. Avenida Portugal, 11, porta 11) ou no seguinte enlace http://cemit.xunta.es. No caso de querer seguilo de modo presencial, en Santiago de Compostela, será necesario inscribirse na web do CNTG https://cntg.xunta.es

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>