Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Clausura das xornadas de formación e presentación do simulacro en materia de xestión de emerxencia do Proxecto ARIEM 112
Clausura das xornadas de formación e presentación do simulacro en materia de xestión de emerxencia do Proxecto ARIEM 112 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 31 Maio 2013 13:25

A Casa da Cultura de Verín acolleu, na mañá de hoxe, a clausura das Xornadas de formación e  presentación do simulacro en materia de xestión de emerxencias do Proxecto ARIEM 112, presidida polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez, o xerente de Axega, Juan José Muñoz Iglesias, o do presidente Consorcio Contra Incendios e Salvamento da comarca de Verín, José Ramón Barreal Novo, e o tenente alcalde de Verín, Enrique Díaz García.

Estas xornadas formativas, que se desenvolveron ao longo de onte e hoxe no parque do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da comarca de Verín, están articuladas en torno ao ARIEM 112 (Asistencia Recíproca Interrexional en materia de Emerxencias 112), un proxecto de carácter multirrexional, que ten como obxectivo o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos de xestión e mobilización de recursos ante emerxencias nas zonas implicadas, mediante a implantación de ferramentas comúns (informáticas e de comunicacións), a formación e implantación de métodos e protocolos de intervención comúns a todos os servizos.

Os socios do proxecto son Galicia (Axencia Galega de Emerxencias), Castela-León (112 Castela-León da Axencia de Protección Civil e Consumo) e Portugal (Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal). Os obxectivos do mesmo son: desenvolvemento dun programa conxunto para a dotación de recursos materiais, informáticos e de comunicacións, desenvolvemento dun programa de formación específica dirixido aos profesionais do sector das emerxencias nas zonas implicadas, establecemento de mecanismos de mobilización e intercambio de recursos mobilizables entre as rexións implicadas, fomento de actividades conxuntas para potenciar a cohesión, colaboración e intercambio de experiencia, minoración das disparidades existentes entre territorios en relación aos recursos dispoñibles por parte dos seus servizos de emerxencia e salvamento, implementación duns protocolos de actuación que permitan e faciliten a coordinación nas intervencións de emerxencias para facer fronte a situacións de risco no ámbito de acción conxunta.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>